ADETO
Inicio | Bolsa de traballo | Aviso legal
Asociación
A Asociación de autónomos de comercio, hostalaría, industria e de centros comerciais abertos de Tomiño (ADETO) nace en decembro de 2005 como unha agrupación de empresarios de varios sectores que desenrolan a súa actividade no Concello de Tomiño.

En decembro de 2011, tralo acordo adoptado en asemblea xeral, procedeuse a dar de baixa á Asociación na Sección provincial de mediación, arbitraxe e concialiación de Vigo (SMAC) e constituíuse a Asociación de autónomos de comercio, hostalaría e industria de Tomiño regulada pola Lei orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do dereito de asociacións, depositando a correspondente acta e Estatutos no rexistro de asociacións dependente da Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da provincia de Pontevedra.

Atópanse entre os fins da Asociación:
  • A defensa dos intereses empresariais dos membros asociados, ostentando así a súa representación.
     
  • Servir de enlace entre os empresarios asociados.
     
  • Organizar actividades de carácter asistencial e prestar servicios de asesoramento e información, a cargo de profesionais, ao servizo dos empresarios asociados.
     
  • Recibir, estudar e clasificar os problemas que planteen os empresarios asociados e realizar as xestións para a súa solución.
     
  • Calquer outro problema que poida xurdir e que esté dacordo e en consoancia cos principios que inspiran esta asociación.
     


Xunta Directiva 2012, presidida por Manuel Pérez Riveiro


Formulario de Adhesión a ADETO



ADETO
Novas
... A D E T O ...
Axudas/Subvencións
... A D E T O ...
Cursos/Formación
Curso internet para o negocio local 17 Xuño Curso de Prevencion de riscos internet 19 Xuño
A Consellería de Economía e Industria convoca Cursos de idiomas de nivel...
ADETO
ADETO
ASOCIACION DE AUTONOMOS DE COMERCIO, HOSTELERIA E INDUSTRIA DE TOMIÑO
info@adeto.org - Teléfonos: 986 09 89 02
Pechar