ADETO
Inicio | Bolsa de traballo | Aviso legal
Convenios
28/07/2016
  ABANCA e ADETO ofrecen alternativas para revitalizar o comercio de Tomiño
*A asociación de empresarios da localidade e a entidade financeira traballan conxuntamente nunha oferta para mellorar o acceso ao crédito
*Os asociados poderán eliminar as comisións nas súas contas, cartóns e operacións máis habituais grazas ao Programa Cero Comisións do banco


28.07.2016. A Asociación de autónomos de comercio, hostalería e industria de Tomiño (ADETO) e ABANCA acaban de renovar a súa colaboración en materia financeira, co obxectivo de mellorar o acceso ao crédito das empresas e establecementos comerciais situados a localidade pontevedresa.

O presidente de ADETO, David Vila Magán, e o director de zona de ABANCA en Miñor/Baixo Miño, Enrique Marticorena Rodelgo, rubricaron un acordo que renova o compromiso que mantén a entidade financeira galega co tecido empresarial de Galicia e do sur de Pontevedra. Á firma tamén asistiu a secretaria de ADETO, María Carmen Moldes González.

O convenio recolle unha ampla e competitiva oferta de produtos deseñados para este fin, entre os que destacan préstamos para anticipar o cobro de subvencións ou aprazar o pago de impostos, sen intereses ou comisións. O protocolo asinado tamén contempla outras opcións de financiamento a través de pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, avais ou liñas de desconto.

O acordo tamén estipula que os asociados de ADETO poderán beneficiarse doutras opcións de financiamento a través de ABANCA. Entre elas, destaca o Plan Activamos, unha iniciativa conxunta entre o banco e a Deputación de Pontevedra que inclúe liñas de crédito a baixo interese para facilitar o emprendemento, os novos investimentos, a creación de emprego, o financiamento do circulante ou actuacións de mellora enerxética das pemes e autónomos da provincia.

ABANCA tamén poderá a disposición de todos o asociados financiamento a través de convenios oficiais con ICO, Igape ou Sogarpo, así como xestores especializados en materia de seguros e banca electrónica.

Servizo APLAZOS

Para facilitar a competitividade no mercado dos asociados, os clientes dos seus establecementos poderán beneficiarse das vantaxes do novo servizo de financiamento no punto de venda de ABANCA, chamado APLAZOS. Desta forma, permítese simplificar e axilizar o financiamento instantáneo de produtos e servizos. Igualmente, os profesionais pertencentes a esta asociación poderán acceder ás vantaxes que ofrece o novo Programa Cero Comisións, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e cartóns, e tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais.

ADETO conta cunha dilatada experiencia e, desde o seu inicio en 2005, revitalizou a contorna comercial da localidade, onde conta con preto de 90 asociados. ABANCA conta coa rede máis extensa de oficinas en Galicia e cunha oferta financeira adaptada para autónomos e pemes.

22/06/2015
  NOVO CONVENIO CON ABANCA
*O banco e a asociación sectorial asinan un convenio de colaboración para reactivar a actividade comercial

*Os socios gozarán de mellores condicións na contratación de produtos da entidade financeira galega

ABANCA e ADETO veñen de asinar un novo convenio que reforza a súa colaboración e permite facilitar o crédito a os asociados.

O presidente e a secretaria de ADETO, David Vila Magán e María Carmen Moldes González, e o director de zona de ABANCA en no Baixo Miño, Enrique Marticorena Rodelgo, rubricaron un acordo que renova a aposta que mantén a entidade financeira co tecido empresarial do sur da provincia galega.

O convenio facilita que os emprendedores asociados accedan a condicións melloradas na contratación de produtos como pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, avais ou liñas de desconto. O documento asinado tamén pon a disposición dos empresarios a comercialización de produtos específicos da entidade como Crediventa ou compras especiais (a través das tarxetas de crédito) para dinamizar a actividade mercantil.

Os profesionais pertencentes a esta asociación tamén se beneficiarán de tarifas personalizadas na alta e o mantemento de Terminais no Punto de Venda (TPV) e poderán acceder ás vantaxes que ofrece o novo Programa Cero Comisións, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais. A entidade tamén porá a disposición de todos os asociados xestores especializados en materia de seguros ou banca electrónica. Desta maneira, dende as oficinas de ABANCA facilitarase a información relativa ás opcións de financiamento a través do convenio asinado coa Deputación de Pontevedra, así como outros convenio do ICO, Igape e SGR.


14/06/14
  ADETO FIRMA UN CONVENIO CON PROSEGUR

A Asociación de Autonómos de Comercio, Hostelería e Industria, ADETO firma un convenio con PROSEGUR, empresa de seguridade.

Ata as instalacións da oficina de ADETO desplararonse técnicas de PROSEGUR das oficinas de Vigo para firmar o convenio con ADETO. Do convenio firmado beneficiaranse os socios que queiran obter descontos e ofertas especiais por ser asociados de esta asociación tomiñesa.

Dende ADETO séguese a traballar tanto no sentido para obter unha imaxen dinámica do comercio tomiñes como nos beneficios dos propios asociados.


05/06/2014
  CONVENIO CON NOVAGALICIA BANCO 2014
ADETO firma un novo convenio para favorecer ós comerciantes e empresarios cos productos de NOVAGALICIA BANCO. Ata as instalacións da oficina de ADETO desplazouse o director da sucursal de Tomiño para firmar o convenio. NOVAGALICIA BANCO ofrecerá ventaxas e condicións especiais para a contratación dos seus productos, condicións que se recollen no documento firmado polos asistentes a dito acto e das que se benefiarán os socios de ADETO. Dende ADETO séguese a traballar tanto no sentido para obter unha imaxen dinámica do comercio tomiñes como nos beneficios dos propios asociados.

10/03/2012
  CONVENIO CON NOVAGALICIA BANCO
Para máis información preguntar no local de ADETO

01/01/2012
  CONVENIO DE COLABORACIÓN CON OCASO

Para máis información preguntar na oficina de Adeto


01/08/2011
  CONVENIO COLABORACIÓN CON MULTIMÁTICA GALEGA

Para máis información preguntar na oficina de Adeto


04/03/2010
  CONVENIO DE COLABORACION CON DO MIÑO PREVECION

Máis información na zona exclusiva para socios


15/03/06
  CONVENIO DE COLABORACION CON SHELL

Máis información na zona exclusiva para socios


11/06/09
  CONVENIO DE COLABORACION CON CAIXANOVA
Máis información na zona exclusiva para socios

01/06/09
  CONVENIO DE COLABORACION CON HELVETIA
Máis información na zona exclusiva para socios

ADETO
Novas
... A D E T O ...
Axudas/Subvencións
... A D E T O ...
Cursos/Formación
Curso internet para o negocio local 17 Xuño Curso de Prevencion de riscos internet 19 Xuño
A Consellería de Economía e Industria convoca Cursos de idiomas de nivel...
ADETO
ADETO
ASOCIACION DE AUTONOMOS DE COMERCIO, HOSTELERIA E INDUSTRIA DE TOMIÑO
info@adeto.org - Teléfonos: 986 09 89 02
Pechar