20/04/2018
CAMPAÑA DÍA DA NAI
O domingo 6 de Maio é o Seu Día: o Día da Nai🌹🌹.

Como sempre, dende a asociación de empresarios de Tomiño – ADETO queremos agasallarvos nesta data tan especial.

Dende hoxe, e ata o día 4, arrancamos a campaña na que mercando no comercio asociado, participarás no sorteo dunha cesta de produtos de beleza.

O sorteo celebrarase o sábado día 5, na Praza da Mina, ás 13:00 horas.
📢📢IMPORTANTE: Ademáis, se te achegas ata alí o día do sorteo coas túas rifas, entratarás tamén nun sorteo presencial dun, COFRE VIP de Viaxe para dúas persoas (escápate tres días)📢📢

Organiza ADETO, coa colaboración do Concello de Tomiño e Xunta de Galicia.