30/10/2018
ADETO firma un convenio de colaboración con Rodríguez & Alonso Abogados
A asociación e o despacho de avogados Rodríguez & Alonso Abogados, asinaron no día de hoxe un convenio de colaboración que terá como obxecto a prestación de asesoramento xurídico por parte do despacho de avogados, ós diferentes asociados a ADETO. Formalizouse deste xeito unha iniciativa da Asociación encamiñada a proporcionar os mellores servizos e prestacións para os asociados.

Os beneficiarios do presente convenio serán tódolos asociados a ADETO. Deste xeito,os beneficiarios contarán entre outros cós seguintes dereitos como consultas gratuítas, relacionadas có ámbito profesional ou familiar en tódalas ordes xurisdiccionais, civís/mercantís, penais, administrativas; redacción, revisión e modificación de escritos e contratos; e defensa xurídica e asistencia a xuicio beneficiándose dun desconto do 20% sobre as tarifas por parte de dita empresa. Acceso a tarifas planas adecuadas ás necesidades de cada un, e poderán participar nas xornadas formativas divulgativas que se organicen

De igual modo, a empresa prestarase a colaborar coa asociación na preparación e desempeño de actividades divulgativas e formativas tales coma charlas conferencias e xornadas de contido de actualidade xurídica e interés para os asociados.

Todos aqueles socios que queiran solicitar unha cita, poden facelo a través do contacto da asociación ou directamente co despacho de avogados no teléfono 986 198 900. Mensualmente acudirán a Tomiño para atender todas as consultas sen necesidade de que os asociados teñan que desprazarse.