ADETO
Inicio | Bolsa de traballo | Aviso legal
10/07/2013
Confecciones Isabel, o comercio asociado a ADETO mais lonxevo, vai a recibir o diploma conmemorativo da campaña “a semana do teu comercio” este xoves dia 11.
Confecciones Isabel, o comercio asociado a ADETO mais lonxevo, vai a recibir o diploma conmemorativo da campaña “a semana do teu comercio” este xoves dia 11. Será o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, quen presidirá a entrega do diploma conmemorativo ao establecemento “Confecciones Isabel” de Tomiño, distintivo co que se premia aos comercios máis lonxevos de cada centro comercial aberto de Galicia. A comitiva que entregará o premio esta formado entre outras personalidades polo o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, a Alcaldesa de Tomiño, Sandra Gonzalez, e o Presidente de ADETO, Manuel Perez Riveiro. Este premio de distinguir os comercios mais lonxevos de cada centro comercial aberto de Galicia enmárcase dentro da campaña “A semana do teu comercio: unha semana, un comercio, unha historia”, posta en marcha pola Consellería de Economía e Industria para realzar o papel das asociacións comerciais. A historia de cada un dos establecementos homenaxeados plasmase na reportaxe semanal sobre o mesmo e que se pode consultar a través do Portal do Comerciante (http://portaldocomerciante.xunta.es), a web que o Goberno galego dedica ao pequeno comercio. Na foto: Dona María Isabel Magán, antiga propietaria, xunto co seu fillo D. David Vila, actual propietario.
04/07/2013
INSCRIPCIÓN SERÁN
ADETO pon en marcha o serán que se vai levar a cabo o sábado dia 3 de agosto.

ADETO pon a disposición de todos vos a inscripción para que te apuntes,  simplemente tes que traer o teu instrumento e unirte a festa do Serán, una actividade englobada dentro das varias que se van a facer o fin de semana do 3 e 4 de agosto de 2013, unhas activdades que iremos desvelando no seu correspondente momento.
De momento decir que a inscripción para o serán está aberta, e xa o podes facer pulsando en Inscripción serán

Será no centro de Tomiño, a partires das 23:00.
03/07/2013
A SEMANA DO TEU COMERCIO EN ADETO
ADETO na semana número 28 vai ser a  protagonista de "A semana do teu comercio", campaña dirixida pola Dirección Xeral de Comercio, e que "Confecciones Isabel" por ser o comercio mais antigo de Tomiño no sector comercial vai a recibir o correspondente diploma.
Mais info aquí.
22/06/2013
COLABORACIÓN DE ADETO NA CARREIRA SOLIDARIA DE AMORIN
O domingo día 16 de Xuño celebrouse a V Carreira Popular de Amorin na que colabora ADETO

ADETO colabora coa Asociación de Amorin, que xunto co Club Atletismo de Porriño e o Concello de Tomiño son quen organiza dita carreira.

Para leer mais desta nova, preme aquí.
08/05/2013
SORTEO DO DIA DA NAI EN ADETO 2013
ADETO Sortea mais de 3.000 euros no dia da Nai
No dia 7 de maio realizouse o sorteo dos mais de 2.800 euros aportados por cada un dos establementos participantes, e o dia seguinte, dia 8 do mesmo mes, fixose o sorteo na Radio Municipal de Tui de 200 euros, o que fai que superemos os 3.000 euros repartidos entre tomiñeses e non tomiñeses que fixeron a suas compras e consumicións no comercio asociado tomiñes, e que se van a reinvertir no propio comercio.
Neste enlace poderás ver os números premiados, así como donde se repartiron.
NUMEROS_PREMIADOS_NO_SORTEO_DIA_DA_NAI
NÚMEROS_PREMIADOS_NO_SORTEO_POR_ESTABLECEMENTO
22/04/2013
DIA DA NAI EN ADETO

ADETO sorteará mais de 2.500 euros en cheques regalo, agasaios e descontos. ademais reparte 200 euros entre todos os participantes.
A Asociación de Comerciantes de Tomiño, ADETO para o dia da Nai pon mais de 2.500 euros entre cheques regalo, agasaios como poden ser obsequios como secadores, botellas de vino magnun (1.5 ltrs) menús, consumicions en cafeterias, estuches de colonia, tratamentos de peluqueria, masaxes, limpezas bucais, pre-itv, e por suposto moitos, moitos cheques regalo. O sorteo será o dia 7 de Maio, as 20.30 na sede de ADETO.
Ademais sortearanse 200 euros entre todas as papeletas participantes que podran consumir entre os establecementos participantes. O sorteo será o dia 8, as 11,00 na RMTUI.

lista_participantes
01/04/2013
ADETO FIRMA UN CONVENIO CON AEGON

A Asociación de Autonómos de Comercio, Hostelería e Industria, ADETO firma un convenio con AEGON, empresa de seguros.

Ata as instalacións da oficina de ADETO desplararonse a Xerente de Axentes Especialistas, Dona María Pereira Pousada e técnicos de AEGON das oficinas de Vigo para firmar o convenio con ADETO. Do convenio firmado beneficiaranse os socios que queiran obter descontos por ser asociados a esta asociación tomiñesa no seu novo seguro con AEGON.

Este novo convenio encadrase dentro da rama dos Seguros, e dende ADETO siguese a traballar tanto no sentido para obter unha imaxen dinámica do comercio tomiñes como nos beneficios dos propios asociados.


páxina   1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17   18   19   20   21   22 
... A D E T O ...
Axudas/Subvencións
... A D E T O ...
Cursos/Formación
Curso internet para o negocio local 17 Xuño Curso de Prevencion de riscos internet 19 Xuño
A Consellería de Economía e Industria convoca Cursos de idiomas de nivel...
ADETO
ADETO
ASOCIACION DE AUTONOMOS DE COMERCIO, HOSTELERIA E INDUSTRIA DE TOMIÑO
info@adeto.org - Teléfonos: 986 09 89 02
Pechar