ADETO
Inicio | Bolsa de traballo | Aviso legal
19/03/2013
DIA DO PAI EN TOMIÑO CON ADETO

Para tan sinalada data, o día do Pai, 19 de Marzo, é unha ocasión perfecta para demostarlle canto o queres, Regalarlle aquilo que crees que lle fará unha especial ilusión e un bo regalo, visita os comercios de Tomiño, tes moito onde elexir... gafas de sol, roupa, tecnoloxia, colonias,...

28/02/2013
MANUEL PEREZ RIVEIRO, NOVO VICEPRESIDENTE FPCP

O Presidente de ADETO, D. Manuel Pérez Riveiro foi nomeado vicepresidente da Federación Provincial de Comercio de Pontevedra. 

Aparte deste nomeamento, ADETO convertese na delegación de dita Federación no Baixo Miño tras o acordo tomado polo comité da Federación "polo bo facer dos últimos anos, tanto do Presidente como de ADETO", decisión tomada na última reunión que tivo lugar deste comité, e ponse como exemplo do bo facer o éxito da Feira de Oportunidades organizada por ADETO neste mes de febreiro, en colaboración co Concello de Tomiño, a Dirección Xeral de Comercio, ARCO Baixo Miño e o artista Carlos Fierro. Destacan o éxito en número de transaccións realizadas, tendo en conta a situación actual, e o número de público asistente a dito evento.

22/02/2013
Feira de Oportunidades días 23 e 24 de Febreiro
ADETO (Asociación de Autonónomos de Comercio, Hostelería e Indsutrias de Tomiño) organizou en colaboración de ARCO Baixo-Miño e o escultor  de inox Carlos Fierro a Feira de Oportunidades, Artesanía e Exposición de Arte, que terá lugar no Pavillón de Goián, os dias 23 e 24 de febreiro 2013, de 10:30 a 8:30 h.

ADETO organizou en ocasions anteriores feiras de oportunidades, pero a novidade para este ano 2013 e a conxugación do comercio de oportunidades, a elaboración artesanal e as exposicións de arte. É algo nunca visto na comarca, onde se contará con mais de 50 postos. O visitante podrá adquirir a prezo de oportunidade artigos dos comercios, tamén habrá elaboracións artenais "Made in Baixo Miño", contando cunha exposición artística a cargo de pintores e escultores da comarca.

Teremos inchables para os nenos, cantina e actuación especial do gaiterio venezolano Erick Feles, que ademais de presentar o seu primerio disco que estará a venda no seu stand, tamén actuará tocando a gaita e os seus "diyeridoos" de inox en directo os dous dias que dura a feira.

Animovos a que vos acerquedes a esta cita para disfrutar de unha oferta diferente neste fin de semana.

Nota de prensa en Faro de Vigo.
Cartel_Feira_de_Oportunidades_ADETO_Febrero_2013
15/01/2013
Adeto finaliza co sorteo dos cheques regalo da campaña “Nadal Laranxa” a intensa actividade deste Nadal 2012 - 2013

A Asociación de Autónomos de Comercio, Hostelería e Industria de Tomiño, ADETO, fai o sorteo entre mais 50.000 papeletas que repartiron os Asociados de ADETO participantes nesta campaña.

Cando pasaban uns minutos das 11:30 deste luns día 14/01/2013 procedeuse a elexir os números gañadores da gran caixa que contiña todos os números que entraban neste sorteo, que neste ano pasaron das 50.000 papeletas. O sorteo levouse a cabo nas instalacións da Radio Municipal de Tui, onde en directo, no programa dirixido por Jose Font, foronse extraendo os números un a un decindo onde se entregaran.

Os gañadores teñense que pasar pola Oficina de ADETO, en horario de 10:00 a 14:00 de luns a venres, co seu número, onde tras a verificación por parte de ADETO entregaranselles a cada un dos gañadores os cheques regalos que podrán canxear en calquera dos establecementos participantes nesta campaña realizada por ADETO en beneficio dos seus asociados.

Ata a Radio Municipal de Tui desplazouse o Presidente de ADETO, D Manuel Pérez Riveiro quen fixo unha valoración positiva do éxito desta campaña, apostando por premiar os consumidores que fan as súas compras no municipio tomiñes. Esta campaña pertence a intensa actividade feita por ADETO nestes momentos tan dificiles para os comercios, para a hostelería e para os distintos negocios do municipios de Tomiño, que non escapa a tendencia xeral de todo o Baixo Miño, pero que sempre dende a asocación realizan campañas para animar os consumidores a seguir realizando as compras nos negocios deste municipio.

Os números gañadores son os seguintes:

    25 euros os números:

    • 26.952

    • 22.452

    • 17.190

    • 70.611

    50 euros os números:

    • 16.074

    • 31.432

    • 15.154

    • 6.011

    100 euros o número:

    • 9.186

    200 euros o número:

    • 24.665

01/01/2013
Gañadores do concurso de debuxos de ADETO

ADETO continúa ca súa campaña de nadal con actividades de dinamización para incentivar o comercio de Tomiño como é o sorteo de 600€ e o Concurso de Debuxos.

No concurso de debuxos, en colaboración cos CRA e os CEIP de Tomiño, o Xurado xa seleccionou os debuxos gañadores do concurso deste ano, sendo dous por categoría.

Os gañadores na categoría infantil son alumnos de Goian e Taborda nos que xa se empezan a notar as suas dotes para o debuxo.
Na categoría B, que son de primerio e segundo de Primaria, os gañadores son Xiana quen representou no centro do seu debuxo un gran arbol con Papa Noël e agasaios, rodeado de diferentes comercios tomiñeses. E nesta categoría tamén resultou gañador Xavier, que para o seu debuxo utiliza purpurina e outros elementos.
Na categoría C, 3 e 4 de primaria, Iria debuxa postos de comercio con un gran eslogan: “En Nadal merca no comercio tradicional” unha clara referencia a ilusión dos nenos para que os seus pais fagan as suas compras no comercio Tomiñes, Comerio que é o gran motor da economia tomiñesa.
Por outra banda, Nerea, tamén gañadora desta categoria, utiliza a tecnica do “collage” para facer o seu debuxo.
E xa na categoría D, 5 e 6 de primaria, Eva María fai un debuxo que utiliza unha técnica distinta a os dos demais, que fanna merecedora deste premio e Antía, presenta un debuxo no que se representa a Adeto, que é o organizador deste concurso, e un indicador con dirección Tomiño, en clara alusión a invitar a quen queira a visitar Tomiño e o seu comercio, cun claro mensaxe “As tuas compras de nadal fainas no comercio de Tomiño”

Os premios entregaranse o luns día 7.

26/12/2012
NADAL EN TOMIÑO CON ADETO 2012-13

ADETO inicia a súa campaña de nadal con actividades de dinamización para incentivar o comercio de Tomiño como é o sorteo de 600€, regalos de bicicletas e concurso de debuxos entre outras actividades.

A Asociación de Comerciantes de Tomiño pon en marcha a campaña "Nadal Laranxa" tras o éxito acadado en edicións anteriores. Unha campaña na que os consumidores do comercio Tomiñes que fagan as súas compras no comercio asociado recibirán unha papeleta cun número e podrán participar no sorteo de diferentes cheques-regalo por valores que van dende os 25€ ata os 200€, repartindose en total 600€. Esta é unha campaña que xa se iniciou e rematará o día 14 cun sorteo onde sabremos os gañadores deste nadal.

Ademais o comerio Tomiñes e de Goian abrirá os domingos 23 e 30 e os que acudan a facer as suas compras nestes dous días, entre o comercio tomiñes asociado e as cafeterías e bares participantes os invitarán a un café, nunha iniciativa para atraer aos tomiñeses que aínda non fixeron as súas compras a animalos a que o fagan no seu comercio e aqueles clientes do baixo miño que se pasen por Tomiño para facer as súas compras.

Tamén ponos en marcha un cartel para todos os asociados que así o queiran expor onde se indica o desconto que levarán os seus clientes por facer as súas compras en cada comercio, unha iniciativa para animar os clientes a facer as súas compras.

Todas estas iniciativas son a favor de desevolver o comercio, hostelería e industria de Tomiño, uns sectores que fan un esforzo por manter o texido empresarial e os postos de traballo que todos eles xeneran, polo cual e importante que os Tomiñeses fagan as súas compras no seu comercio, e tamén todos aqueles que nos visitan que consuman no comercio de Tomiño.

26/11/2012
Adeto en colaboración con Aula 21 inicia un curso de inglés

ADETO, A Asociación de empresarios de Tomiño aposta pola formación dos seus socios e dos seus empregados, e para iso, en colaboración con AULA 21 estase a impartir un curso de inglés, que son os martes e os xoves de 21.00 a 22.30 nas instalacións de ADETO, na Rúa Gondomar, n40, nas galerías comerciais.

Este curso ainda esta aberto para aqueles socios e traballadores que se queiran apuntar, e tan so é necesario presentarse nas instalacións de ADETO na hora do curso. Os non socios que queiran participar tamén o poden facer.

Dende Adeto tamén xa se están preparando as diferentes actividades para a campaña de Nadal, unha campaña na que o comercio local ten depositadas importantes expectativas.


páxina   1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17   18   19   20   21   22 
... A D E T O ...
Axudas/Subvencións
... A D E T O ...
Cursos/Formación
Curso internet para o negocio local 17 Xuño Curso de Prevencion de riscos internet 19 Xuño
A Consellería de Economía e Industria convoca Cursos de idiomas de nivel...
ADETO
ADETO
ASOCIACION DE AUTONOMOS DE COMERCIO, HOSTELERIA E INDUSTRIA DE TOMIÑO
info@adeto.org - Teléfonos: 986 09 89 02
Pechar