ADETO
Inicio | Bolsa de traballo | Aviso legal
02/04/2012
BOLSA DE TRABALLO ADETO

ADETO porá en marcha coa colaboración da becaria da Deputación de Pontevedra que actualmente presta servizos na Asociación, unha bolsa de traballo que podrase visitar nesta páxina web.

Con esta iniciativa preténdese establecer unha dobre canal de comunicación áxil e directa entre a oferta e a demanda de emprego no municipio de Tomiño. Dende Adeto porase as dúas partes interesadas en contacto e que se adapten ao perfil solicitado polo empresario.

Dita bolsa estará funcionando en breve, mentras tanto os interesados poden deixar os seus curriculums e ofertas de empleo no local de Adeto ( rúa Gondomar, 40-Galerías Comerciais, local B) ou a través do correo electrónico info@adeto.org

07/03/2012
DÍA DO PAI

Recorda que o próximo día 19 de marzo é o DÍA DO PAI, unha ocasión perfecta para demostrarlle canto o queres. Regálalle aquelo que crees que lle fará unha especial ilusión. Visita os comercios de Tomiño, tes moito onde elixir: gafas de sol, roupa, tecnoloxía, zapatos, colonias.... 

¡¡¡E NON O ESQUEZAS, 
PODERÁS PAGAR EN BILLETES DAS ANTIGAS PESETAS!!!

07/02/2012
FEIRA DE OPORTUNIDADES E EXPOSICIÓN DE TOMIÑO

  Iniciativa da Asociación de autónomos de comercio, hostelería e industria de Tomiño (ADETO) en colaboración co Concello de Tomiño, esta feira celebrarase os días 3 e 4 de marzo no Pavillón de Goián (Av. Pío Troncoso, s/n).

Todos os comercios locais que colaboran neste evento ofrecerán aos visitantes a posibilidade de atopar artículos de todo tipo (roupa, calzado, lencería, libros...) a prezos moi económicos. Ademáis, poderase pagar con billetes das antigas pesetas.

Tratase dunha perfecta ocasión para ir de compras dun xeito cómodo sen ter que pensar se vai chover ou non e, ao mesmo tempo, coñecer o municipio a través dos seus comercios. Haberá inchables para os nenos e máis sorpresas.

LEMBRA QUE TES UNHA CITA OS DÍAS 3 E 4 DE MARZO EN TOMIÑO 
DE 11:00 A 21:00H

NON TE PERDAS ESTA OPORTUNIDADE, A ENTRADA É GRATUITA!!!

01/02/2012
MERQUE EN TOMIÑO E PAGUE EN PESETAS!!!
Durante todo o mes de febreiro poderán MERCAR EN TOMIÑO E PAGAR EN PESETAS (admítense só billetes). Esta campaña será aplicable aos establecementos asociados a Adeto.

Se están pensando en facer un regalo por San Valentín a súa parella, non duden en acercarse aos comercios de Tomiño, seguro que atopan o regalo perfecto.
28/01/2012
SORTEO 27/01/2012
Realizado o sorteo o día 27 de xaneiro de 2012 no local de Adeto ás 20:30h han saído os seguintes números premiados (ver documento adxunto).

As persoas premiadas que desexen recoller o seu vale poden poñerse en contacto co secretario da Asociación no seguinte tlf.: 667 608 059

¡Enhoraboa aos afortunados! E recorden que só poderán gastar o vale nos comercios asociados a Adeto.
CAMPAÑA_NADAL-2012-ADETO
07/01/2012
CAMPAÑA DE REBAIXAS
Os comerciantes que participen nas rebaixas están obrigados a pór no escaparate un letreiro que indique o día de comezo e máis o día de remate do período de rebaixas. O prazo máximo autorizado para que un comerciante poida ter rebaixas é de DOUS MESES, período que transcorrerá entre o 7 de Xaneiro e o 7 de Abril de 2012.

O comerciante deberá informar dos MEDIOS DE PAGO que admite aos consumidores/as, de forma visible no local, así como tamén a posibilidade de devolver ou non o producto.
14/12/2011
CAMPAÑA-NADAL ADETO 2011-12

ADETO pon en marcha, grazas á colaboración e implicación de todos os seus asociados e do Concello de Tomiño, a tradicional campaña de Nadal 2011-12 con actividades de dinamización para incentivar que os tomiñeses merquen na vila.

A Asociación realizará estes días dous sorteos entre os consumidores do comercio e da hostelería:
-o 20 de decembro, sortearanse dúas cestas de Nadal
-e o 27 de xaneiro, sortearanse 1.000 euros en cheques regalo para mercar no comercio

Pero ADETO tamén acórdase dos nenos! Por iso, levarase a cabo un concurso de debuxo baixo a temática "Mercando pola miña vila". O día 3 de xaneiro elixiránse os tres mellores debuxos premiándolles a cada un  cunha bicicleta e máis cun libro de lectura.


páxina   1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17   18   19   20   21   22 
... A D E T O ...
Axudas/Subvencións
... A D E T O ...
Cursos/Formación
Curso internet para o negocio local 17 Xuño Curso de Prevencion de riscos internet 19 Xuño
A Consellería de Economía e Industria convoca Cursos de idiomas de nivel...
ADETO
ADETO
ASOCIACION DE AUTONOMOS DE COMERCIO, HOSTELERIA E INDUSTRIA DE TOMIÑO
info@adeto.org - Teléfonos: 986 09 89 02
Pechar