ADETO
Inicio | Bolsa de traballo | Aviso legal
20/02/2019
ENTROIDO 2019
ESTE ANO DISFRUTA DO ENTROIDO E VEN O COMERCIO LOCAL ONDE ATOPARÁS TODO O NECESARIO PARA QUE O TEU DISFRAZ SEXA ÚNICO.
07/02/2019
SAN VALENTÍN
Este 14 de febreiro fai que o teu agasallo sexa especial. Regala amor do pequeno comercio. Regala San Valentín.

Acertarás!!
16/01/2019
SORTEO NADAL
Aquí están os vales de Adeto listos para entregar!!! Ademáis de todos os premios que dan os establecementos que participaron na campaña.
Como ven sendo habitual, Adeto sorteou entre os clientes dos comercios asociados regalos e vales de compra. O sorteo realizouse o 11 de xaneiro. O listado dos afortunad@s está exposto no local da asociación, ademais de aquí, e se eres un dos premiados estes días recibirás unha chamada para avisarte😄.

Con este sorteo, tando a asociación como os establecementos asociados quiseron premiar a fidelidade e confianza dos seus clientes. Queremos dar as gracias a todos aqueles clientes que participaron e ¡Felicidades a tod@s @s premiad@s!
14/12/2018
CAMPAÑA DE NADAL
Un ano máis arrancamos a campaña de Nadal e, agora máis que nunca, queremos agradecerlle a todas aquelas persoas que cada día fan posible que o comercio local siga adiante, que os nosos establecementos poidan abrir as súas portas cada día, a súa confianza, fidelidade, amizade... por iso todas as compras realizadas ata o día 5 nos establecementos que participen na campaña participarán no sorteo de vales regalo.

O sorteo realizarase o día 11 de xaneiro.

*Grazas por facer vida en Tomiño e Felices Festas*🎄🎄🍾🍾.
30/10/2018
ADETO firma un convenio de colaboración con Rodríguez & Alonso Abogados
A asociación e o despacho de avogados Rodríguez & Alonso Abogados, asinaron no día de hoxe un convenio de colaboración que terá como obxecto a prestación de asesoramento xurídico por parte do despacho de avogados, ós diferentes asociados a ADETO. Formalizouse deste xeito unha iniciativa da Asociación encamiñada a proporcionar os mellores servizos e prestacións para os asociados.

Os beneficiarios do presente convenio serán tódolos asociados a ADETO. Deste xeito,os beneficiarios contarán entre outros cós seguintes dereitos como consultas gratuítas, relacionadas có ámbito profesional ou familiar en tódalas ordes xurisdiccionais, civís/mercantís, penais, administrativas; redacción, revisión e modificación de escritos e contratos; e defensa xurídica e asistencia a xuicio beneficiándose dun desconto do 20% sobre as tarifas por parte de dita empresa. Acceso a tarifas planas adecuadas ás necesidades de cada un, e poderán participar nas xornadas formativas divulgativas que se organicen

De igual modo, a empresa prestarase a colaborar coa asociación na preparación e desempeño de actividades divulgativas e formativas tales coma charlas conferencias e xornadas de contido de actualidade xurídica e interés para os asociados.

Todos aqueles socios que queiran solicitar unha cita, poden facelo a través do contacto da asociación ou directamente co despacho de avogados no teléfono 986 198 900. Mensualmente acudirán a Tomiño para atender todas as consultas sen necesidade de que os asociados teñan que desprazarse.
08/10/2018
PROXECTO ACTIVACION DO COMERCIO E PEMES DE TOMIÑO
Somos conscientes de que a situación actual do comercio local e as pequenas empresas non é moi boa.

A crise económica anterior, as multinacionais, as novas tecnoloxías ea globalización están creando unha situación insostible para os nosos negocios.

Ao mesmo tempo, a pesar desta situación, outras empresas e empresas din que van facturar máis que nunca. Non se entende.

As persoas detrás destas empresas están cansas, estresadas e esgotadas.

Aqueles de nós que temos negocios debemos parar e pensar o que está pasando, por que está a suceder e que medidas debemos tomar para cambiar a situación.

A asociación ADETO e o Concello de Tomiño reuníronse e decidiron por en marcha un programa de formación e asesoramento que intente cambiar a situación actual.

Se pensas que podería ser interesante para ti e para o teu negocio non deixes de ir o vindeiro xoves día 11 de outubro ás 9 da noite á presentación do programa MÁS POSIBLE. Será no salón de plenos do concello de Tomiño.

Alí explicaremos a que se refire este programa e a quen pode beneficiar.

¡ Non perderás o teu tempo!

Lembra: Xoves día 11 as 21:00 no salón de plenos do Concello de Tomiño
01/10/2018
ADETO E O CONCELLO FIRMAN UN PROTOCOLO DE COLABORACIÓN

páxina   1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17   18   19   20   21   22   23   24   25   26 
... A D E T O ...
Axudas/Subvencións
... A D E T O ...
Cursos/Formación
Curso internet para o negocio local 17 Xuño Curso de Prevencion de riscos internet 19 Xuño
A Consellería de Economía e Industria convoca Cursos de idiomas de nivel...
ADETO
ADETO
ASOCIACION DE AUTONOMOS DE COMERCIO, HOSTELERIA E INDUSTRIA DE TOMIÑO
info@adeto.org - Teléfonos: 986 09 89 02
Pechar