ADETO
Inicio | Bolsa de traballo | Aviso legal
17/03/2010
RECLAMACIÓN POR DEFICIENCIAS NO SUMINISTRO ELECTRICO

Adeto pon a disposición dos seus socios un modelo de reclamación para presentar ante Gas Natural-Unión Fenosa por os cortes de suministro eléctrico dos días 24 e 27 de febreiro do ano 2010.
Aínda que aleguen causa maior non se pode considerar forza maior por a previsibilidade neste caso de vendaval.

Tamén se pon de manifesto a falta de persoal en atención o cliente para ter informados os seus clientes de cando se reanudaría o sumistro.

Se queredes reclamar tedes un modelo no acceso a clientes, vos animamos a que se estades descontentos co suministro presentedes a vosa queixa.

Adeto presentará a súa reclamación no nome de tódolos asociados. 

04/03/2010
FIRMA CONVENIO CON DO MIÑO PREVENCIÓN

Do Miño Prevención e Adeto firmaron un convenio de colaboración o día 4 de marzo de 2010. Con esto se intenta que os socios de Adeto teñan mellores condicións a hora de contratar os Servicios de Prevención de Riscos Laborais.

01/03/2010
OUTLET EN TOMIÑO

ADETO colabora xunto co Concello na feira de oportunidades(OUTLET) que se celebrará os días 12, 13 e 14 de marzo no Pavillón Polideportivo de Goián. Comezará o venres as 16:00 h. ata as 21:00 h. e o sábado e domingo dende as 11:00 ata as 21:00 h.
A hostalaría asociada tamén participará entregando bonos de desconto os visitantes do Outlet.
Esperamos que sexa do voso agrado.
02/02/2010
RESULTADOS SORTEO CAMPAÑA NADAL 09-10
O pasado día 29 de Xaneiro realizouse na sede de ADETO o sorteo das rifas da Campaña de Nadal 09-10.
Podedes consultar os números premiados nesta mesma páxina.
O cheque regalo o aplicará directamente cada negocio participante acudindo coa rifa premiada do seu negocio e os TDT´s e a viaxe debedes dirixirvos a sede de ADETO ou podedes preguntar nos teléfonos 986 098 902 ou 667 608 059
Listado_Premios
23/12/2009
CAMPAÑA DE PROMOCIÓN DA HOSTALARÍA

O venres día 18 de decembro as 20:00 fíxose o sorteo na sede de ADETO de dúas Bandexas de Nadal para premiar en estas datas os clientes da hostalería, participaron tódolos bares asociados de Tomiño.

 

Os premios foron entregados por  “Bar Abelleira” de Amorín e “Cafetería e Neumáticos Tomiño” de Forcadela, os premiados foron José Carlos Calzado Rodríguez e Club de Fútbol Amorín respectivamente.

15/12/2009
CAMPAÑA DE INVERNO 2009

Os comerciantes de Tomiño, como anteriores anos, queren premiar a fidelidade dos seus clientes co agasallo de mais de 2.300 € en cheques regalo para comprar nos comercio asociado, varios TDTs  e unha viaxe. 
Polas compras realizadas durante estas datas no comercio asociado entregaranse unhas rifas que entrarán no sorteo dos premios que se realizará o 29 de xaneiro as 21:00 na sede da asociación. 

!!O NATURAL É MERCAR AQUÍ, E CANTO MÁIS SE MERQUE MÁIS PREMIOS PODEDES ACADAR!!!

20/09/2009
Éxito del catálogo de Adeto

En tiempos de crisis es bueno buscar  sinergias que fomenten el comercio electrónico y mejoren la competitividad de las pymes y/o empresas asociadas.

Por este motivo, la Asociación de Empresarios de Tomiño creó recientemente con la colaboración de la Xunta de Galicia un catálogo para sus asociados puedan tener la oportunidad  de potenciar y exponer sus productos más competitivos a través de esta nueva herramienta virtual. Para más información accede al catálogo en adetocat


páxina   1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17   18   19   20   21   22 
... A D E T O ...
Axudas/Subvencións
... A D E T O ...
Cursos/Formación
Curso internet para o negocio local 17 Xuño Curso de Prevencion de riscos internet 19 Xuño
A Consellería de Economía e Industria convoca Cursos de idiomas de nivel...
ADETO
ADETO
ASOCIACION DE AUTONOMOS DE COMERCIO, HOSTELERIA E INDUSTRIA DE TOMIÑO
info@adeto.org - Teléfonos: 986 09 89 02
Pechar