ADETO
Inicio | Bolsa de traballo | Aviso legal
09/07/2010
NOITES DE VERÁN DE ADETO
A Concellería de Cultura, Educación e Participación Veciñal xunto coa Asociación de Comerciantes e Industriais de Tomiño, ADETO teñen o pracer de presentar hoxe a primera das actuacións que se farán durante os mes de xullo e agosto de 2010 nas prazas do concello (Praza do Seixo, Praza da Mina e Praza de Goian).
 
Hoxe as 22:30 actuará o Grupo de Danza Miriam Pino na Praza do Seixo.

Dende Adeto desexamos que a xente se anime a saír a rúa para entreterse coas diferentes actuacións programadas para xullo e agosto  
 
Animádevos e pasádevos por Tomiño.
23/06/2010
ACTIVIDADES DE VERÁN INFANTIS
A Asociación de Comerciantes e Industriais de Tomiño (ADETO) este ano ten un amplo calendario de actividades para o verán.
 
Todos os martes e xoves dos meses de xullo e agosto de 10:30 a 12:30 h. haberá actividades infantís (xogos e talleres) nas rúas de Tomiño, concretamente na Praza de Goián, Praza do Seixo, Praza da Mina e no Parque da Feira, irán rotando polas diferentes prazas.
En caso de choiva comunicar a todos os interesados que non se suspenderán se non que se realizarán no Pavillón de Goián (para as actividades na Praza de Goián) ou na Casa da Cultura (para as actividades nas prazas de Tomiño).
As actividades están dirixidas a tódolos nenos a partires de 3 anos e non é necesaria a inscrición, son gratuítos para todos os nenos que queiran asistir.
 
Tamén se realizarán actuacións de malabares, conta contos e maxia 3 venres entre os meses de xullo e agosto de 21:00 a 22:00 h.
 
Se engade un folleto informativo de todas as datas das actividades.
 
ADETO desexa que as actividades deste ano 2010 sexan do gusto de todos os nenos da zona, por iso animamos a que se acerquen a Tomiño para que os nenos gocen das súas vacacións estivais.
28/05/2010
DENDE A DIPUTACIÓN PLAN "A TÚA MEDIDA"

Dende a Diputación de Pontevedra ofrecen o Plan "A túa medida" para mellorar o atractivo dos comercios da provincia. 
De xeito gratuito se lle ofrecerá aos comerciantes un asesoramento en Visual Merchandising personalizado e no seu propio comercio para que aprendan a presentar os produtos de xeito que resulten máis atractivos aos clientes.
As prazas serán limitadas, para acceder o plan se ten que presentar unha inscrición antes do 30 de xuño de 2010.

Adxuntamos as bases publicadas no BOP, diptico e Solicitude. 

bop
DIPTICO
SOLICITUDE
28/05/2010
VOTACIÓNS NOVA XUNTA DIRECTIVA
Este xoves día 27 de maio se fixeron as votacións para nova Xunta Directiva de Adeto. Nas votacións participaron 96 asociados dos 150 que constitúen a Asociación. O resultado das votacións, de entre as dúas candidaturas presentadas, foi de 72 votos para a candidatura presentada por Manuel Pérez Riveiro e de 24 votos para a candidatura presentada por Angel Cortiñas Torres.
 
 
A Xunta Directiva quedará formada da seguinte maneira:
 
  Presidente:             Manuel Pérez Riveiro
  Vicepresidenta:      Laura González González
  Secretario:               David Vila Magán
  Tesoureiro:             Enrique Gómez Rodríguez
  Vocal:                       Violeta González Álvarez
  Vocal:                       José Antonio Iglesias Barreiro
  Vocal:                       Juan Álvarez Diego
  Vocal:                       Fernando Martínez Fernández
  Vocal Suplente:     José Ramón Campos Otero
 
A actual Xunta Directiva quere agradecer a tódolos asociados a participación en estas primeiras votacións de ADETO, posto que ata agora nunca se presentara más de unha candidatura. O porcentaxe de participación foi dun 64%.
10/05/2010
PREMIOS DA CAMPAÑA DIA DA NAI 2010
Este venres día 7 de Maio realizouse o sorteo da Campaña do Día da Nai na sede de ADETO.
Vos acercamos o listado dos premiados e comunicar tamén que haberá unha lista dos premiados en cada un dos socios de ADETO que participaron na Campaña.
O afortunados deberán pasar por a sede de ADETO para facerlle entrega do cheque regalo.
Os premios terán unha validez de 2 meses co cal canto antes os vexades mellor.
De todos modos podedes pedir máis información na sede da asociación ou nos teléfonos 986 098 902 ou 667 608 059
Lista_premiados
22/04/2010
RENOVACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACION CON CAIXANOVA
ADETO e CAIXANOVA renovaron a día de hoxe, 22 de abril de 2010, o convenio de colaboración que veñen mantendo dende hai anos.
Caixanova, a través dos presupostos da súa Obra Social destinados ao apoio de sectores produtivos, poderá axudar a impulsar e desenrolar as iniciativas emprendidas por Adeto que, conforme ós seus fins, teñan por obxecto promover as actividades comerciais dos seus asociados, promocionar a venda dos seus produtos nos mercados e ós clientes ós que se dirixan, estimular o desenrolo das súas canles de distribución físicas e telemáticas, favorecer a introducción e utilización das novas tecnoloxías, mellorar a eficacia e a eficiencia na xestión, potenciar a posta en marcha de accións de marketing que incrementen a produtividade, fomentar a creación de emprego e facilitar a rehabilitación e reacondicionamento de establecementos comerciais.
16/04/2010
CAMPAÑA DIA DA NAI 2010
Celebrando o día da Nai, en Tomiño os comerciantes desexan agradecer a fidelidade dos seus clientes co agasallo de mais de 700 € en cheques regalo para as perruquería e estéticas asociadas. 
Polas compras realizadas dende o sábado 17 de abril no comercio asociado entregaranse unhas rifas que entrarán no sorteo de 8 cheques regalo de 50 €, 2 cheques regalo de 100 €, 1 masaxe corporal de relaxación (doado por Estética Hebe) e unha cesta de produtos (doado por Viopell).
O sorteo se realizará o 7 de maio as 20:30 na sede da asociación. 


páxina   1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17   18   19   20   21   22   23   24   25 
... A D E T O ...
Axudas/Subvencións
... A D E T O ...
Cursos/Formación
Curso internet para o negocio local 17 Xuño Curso de Prevencion de riscos internet 19 Xuño
A Consellería de Economía e Industria convoca Cursos de idiomas de nivel...
ADETO
ADETO
ASOCIACION DE AUTONOMOS DE COMERCIO, HOSTELERIA E INDUSTRIA DE TOMIÑO
info@adeto.org - Teléfonos: 986 09 89 02
Pechar