ADETO
Inicio | Bolsa de traballo | Aviso legal
13/04/2010
FESTA DO KIWI 2010
O vindeiro 8 e 9 de maio na Praza do Seixo terá lugar a III Festa do Kiwi.
 
Á cita asistirán, como nas convocatorias anteriores, empresas produtoras e comercializadoras de kiwi e produtos derivados, así como asociacións veciñais, empresariais e culturais  da localidade.
 
Achegamos o progama das actividades que se realizarán para que todo o que queira se achegue a Tomiño.
PROGRAMA_KIWI_
12/04/2010
MOSTRA DE CULTIVOS 2010

Un ano máis ADETO participará na Mostra de Cultivos que se vai celebrar os día 17 e 18 de abril no Pavillón Municipal de Goián.
Como en anos anteriores servirá de punto de encontro do sector do viveirismo, horta, flor cortada e empresas auxiliares e os seus clientes.

Tamén con motivo da VII Mostra de Cultivos do Baixo Miño a Consellería do Medio Rural organiza as 3ª  "Xornadas técnicas sobre a planta ornamental no Baixo Miño".

CATÁLOGO_MOSTRA
30/03/2010
SEMINARIOS EN ABRIL DE 2010
O próximo día 5 de Abril comezarán uns seminarios de Marketing no pequeno comercio, comportamento do consumidor e comunicación, atención ao cliente, xestión de queixas e reclamacións, publicidade eficaz no comercio, organización no punto de venda e comercio electrónico.
Terán lugar na sede de Adeto, rúa Gondomar, 40 Galerías Comerciais Local B de 20:30 a 23:00 h.; serán de luns a xoves ata o día 22 de abril.
17/03/2010
RECLAMACIÓN POR DEFICIENCIAS NO SUMINISTRO ELECTRICO

Adeto pon a disposición dos seus socios un modelo de reclamación para presentar ante Gas Natural-Unión Fenosa por os cortes de suministro eléctrico dos días 24 e 27 de febreiro do ano 2010.
Aínda que aleguen causa maior non se pode considerar forza maior por a previsibilidade neste caso de vendaval.

Tamén se pon de manifesto a falta de persoal en atención o cliente para ter informados os seus clientes de cando se reanudaría o sumistro.

Se queredes reclamar tedes un modelo no acceso a clientes, vos animamos a que se estades descontentos co suministro presentedes a vosa queixa.

Adeto presentará a súa reclamación no nome de tódolos asociados. 

04/03/2010
FIRMA CONVENIO CON DO MIÑO PREVENCIÓN

Do Miño Prevención e Adeto firmaron un convenio de colaboración o día 4 de marzo de 2010. Con esto se intenta que os socios de Adeto teñan mellores condicións a hora de contratar os Servicios de Prevención de Riscos Laborais.

01/03/2010
OUTLET EN TOMIÑO

ADETO colabora xunto co Concello na feira de oportunidades(OUTLET) que se celebrará os días 12, 13 e 14 de marzo no Pavillón Polideportivo de Goián. Comezará o venres as 16:00 h. ata as 21:00 h. e o sábado e domingo dende as 11:00 ata as 21:00 h.
A hostalaría asociada tamén participará entregando bonos de desconto os visitantes do Outlet.
Esperamos que sexa do voso agrado.
02/02/2010
RESULTADOS SORTEO CAMPAÑA NADAL 09-10
O pasado día 29 de Xaneiro realizouse na sede de ADETO o sorteo das rifas da Campaña de Nadal 09-10.
Podedes consultar os números premiados nesta mesma páxina.
O cheque regalo o aplicará directamente cada negocio participante acudindo coa rifa premiada do seu negocio e os TDT´s e a viaxe debedes dirixirvos a sede de ADETO ou podedes preguntar nos teléfonos 986 098 902 ou 667 608 059
Listado_Premios

páxina   1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17   18   19   20   21   22   23   24   25 
... A D E T O ...
Axudas/Subvencións
... A D E T O ...
Cursos/Formación
Curso internet para o negocio local 17 Xuño Curso de Prevencion de riscos internet 19 Xuño
A Consellería de Economía e Industria convoca Cursos de idiomas de nivel...
ADETO
ADETO
ASOCIACION DE AUTONOMOS DE COMERCIO, HOSTELERIA E INDUSTRIA DE TOMIÑO
info@adeto.org - Teléfonos: 986 09 89 02
Pechar