ADETO
Inicio | Bolsa de traballo | Aviso legal
13/10/2017
DOMINGOS E FESTIVOS EN QUE SE PODE ABRIR NO 2018
ORDE do 4 de outubro de 2017 pola que se establecen os domingos e festivos en que se autoriza a apertura de establecementos comerciais durante o ano 2018.

ORDE DOGA
22/09/2017
AS CORES DO COMERCIO DE TOMIÑO
Hoxe comezamos unha nova Campaña que esperamos vos guste!!! "As Cores do comercio de Tomiño"

Laranxa, Vermello, Verde …. busca estas cores no comercio asociado e consigue o teu €uro desconto, ademais son acumulables.

Dende hoxe ata o 31 de outubro , fai as túas compras nos establecementos que posuan o cartel anunciador de cor laranxa, vermello ou verde e recibirás vales descontos para mercar nos outros establecementos participantes
01/09/2017
EU TAMÉN RECICLO
DURANTE OS MÉRCORES DE SETEMBRO P0LAS COMPRAS REALIZADAS NO COMERCIO ASOCIADO RECIBIRÁS UNHA BOLSA DE TEA REUTILIZABLE.

COMPRA NO PEQUENO COMERCIO E COLABORA PARA PROTEXER O MEDIO AMBIENTE
09/08/2017
V FESTA DAS ASOCIACIÓNS DE TOMIÑO
19 e 20 de Agosto
V Festa das Asociacións De Tomiño
Ocio, Cultura, Gastronomía, Turismo

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

SÁBADO 19:

A partir das 10.30 h:
• Apertura da Feira de Oportunidades e artesanía
• Exposición das Asociacións de Tomiño
• Exposición de Somosarte no Mercado

De 11.30 a 13.30 h e de 18:00 a 20:00 h – Rúa A Guarda
• Actividades para os nenos organizadas por Festa A Esgalla

De 20.30 a 21.45 h – Praza do Seixo
• Festival de Floclore infantil da Asociación Cultural Virxe do Alivio

De 21 a 1.00 h – Praza do Seixo
• Barbería solidaria

De 22 h a 23.30 h – Praza do Seixo
• Master class de zumba

De 24 h ata remate – Praza do Seixo
• Actuación do Duo Folk-Pop-Tango A VIOLA

DOMINGO 20:
A partir das 10.30 h:
• Apertura da Feira de Oportunidades e artesanía
• Exposición das Asociacións de Tomiño
• Exposición de Somosarte no Mercado

De 11.30 a 13.30 h e de 18:00 a 20:00 h – Rúa A Guarda
• Actividades para os nenos organizadas por Festa A Esgalla

De 11.00 a 19.00 h – Praza da Mina
• Concurso de Dibuxo e pintura ó aire libre organizado pola Asociación Cultural, Deportiva e Recreativa Solleiro de Tomiño (ás 20 h. realizarán a entrega de premios)

A partir das 11.30 h
• Actuación de Batucada Lenha Verde

As 20.30 h
• Espectáculo con marionetas “Cocer e Cantar” con Viravolta Títeres
20/06/2017
V FESTA DAS ASOCIACIÓNS DE TOMIÑO
19 e 20 de Agosto

Un ano máis Adeto está organizando a Festa das Asociacións, así como a Feira de Oportunidades de Verán.

Como en edicións anteriores ó longo desa fin de semana haberá distintas actividades, que iremos concretando pouco a pouco.

Todos aqueles comercios e artesáns, así como aquelas asociacións de Tomiño, que estean interesados en participar poden preinscribirse no seguinte enlace, e lles enviaremos individualmente a información.

INSCRICIÓN FEIRA
16/06/2017
DÍAS AZUIS DO COMERCIO GALEGO
A campaña "Días azuis do comercio galego" é unha iniciativa da Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia en colaboración coas federacións provinciais, asociacións de comerciantes e centros comerciais abertos de Galicia.

A campaña terá lugar entre o 16 e o 30 de xuño de 2017 e nela poden participar todos os clientes do comercio de proximidade de Galicia que merquen nestas datas. Entre eles sortearanse 16.000 euros en premios, distribuidos en 8 tarxetas prepago regalo de 500 euros (2 por provincia), 20 tarxetas de 300 euros (5 por provincia) e 40 tarxetas de 150 euros (10 por provincia), que deberán ser empregados para volver a mercar nos establecementos tradicionais galegos. O sorteo realizarase ante notario o 5 de xullo de 2017.

Para participar na campaña, proporcionánte 3 maneiras diferentes:


- Enviar un SMS coa palabra DIASAZUIS, seguido do nome e apelidos, ao teléfono 981 099 093 (coste do SMS segundo a tarifa contratada co seu operador).

- Rexistrar a túa compra nesta mesma páxina web DÍAS AZUIS / PARTICIPA

- Coa colaboración do comerciante, sendo él o que rexistre a túa compra a través da páxina web DÍAS AZUIS / COMERCIOS. Deste xeito, tú como consumidor obterás unha participación a maiores para o sorteo.

* En tódolos casos, ti como cliente debes fotografiar e/ou gardar o teu ticket de compra como xustificante da mesma.

Os gañadores dos premios serán contactados pola Federación Galega de Comercio para informarlles do premio obtido e cando será entregado. Así mesmo, os gañadores do sorteo publicaranse nesta mesma páxina web unha vez finalizada a campaña.

Podes consultar calquera dúbida ó respecto no teléfono gratuito 900 103 087 ou a través do correo electrónico dptocomunicacion@comerciogalicia.es.
26/05/2017
PLAN DINAMIZACIÓN - PARTE 1
TALLER GRUPAL - 2º GRUPO COMPLETO

páxina   1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17   18   19   20   21   22   23   24 
... A D E T O ...
Axudas/Subvencións
... A D E T O ...
Cursos/Formación
Curso internet para o negocio local 17 Xuño Curso de Prevencion de riscos internet 19 Xuño
A Consellería de Economía e Industria convoca Cursos de idiomas de nivel...
ADETO
ADETO
ASOCIACION DE AUTONOMOS DE COMERCIO, HOSTELERIA E INDUSTRIA DE TOMIÑO
info@adeto.org - Teléfonos: 986 09 89 02
Pechar