ADETO
Inicio | Bolsa de traballo | Aviso legal
01/02/2017
SAN VALENTÍN
Estamos próximos a San Valentín, achégate ata o comercio de Tomiño e de seguro que atoparás o agasallo perfecto.
23/01/2017
ADETO finalizou a campaña do Nadal ca entrega de premios dos cheques regalo o pasado venres, despois de repartirse máis de 30.000 papeletas polos asociados participantes.
Ás 21 h da tarde do venres día 20, procedeuse a entregar os premios ó centenar de gañadores dos cheques e agasallos dados polos establecementos participantes na campaña, así como os dados por ADETO. (A todos os que non puideron asistir a recoller o seu premio, poden achegarse ata o local de Adeto nas Galerías da Rúa Gondomar polas mañas).

Unha campaña na que se realizaron diferentes actividades tamén, como foron animación nas rúas os días 23 e 30 de decembro, a colaboración co Concello nas Actividades de Nadal que se realizaron na carpa na Praza do Seixo, ou a celebración un ano máis o concurso de postais de Nadal, entre os nenos de tódolos colexios do concello de infantil e primaria, e no que participaron uns 400 alumnos, resultando premiadas 8 postais de varias categorías, como xa publicamos en novas anteriores.

Este ano ademáis, o Servizo de Atención Diúrna do Concello de Tomiño integrado na rede pública do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar dependente da Conselleria de Política Social, en colaboración coa asociación realizou unha coroa de Nadal decorativa para cada establecemento asociado.

As coroas, feitas a man e con materiais totalmente reciclables e reutilizables, foron creadas polos/as usuarios/as con apoio do persoal. Entre ambos recopilaron o material necesario para crear os adornos que van dende o papel de periódico que reciben todos os días no centro ata retallos pequenos de tea que tiñan pola casa, pasando por restos de vides sobrantes da poda ou tapóns de botellas plásticas e cortizas.
20/01/2017
CALENDARIO LABORAL 2017
AQUÍ VOS DEIXAMOS O CALENDARIO LABORAL PARA ESTE ANO
CALENDARIO_LABORAL_17
18/01/2017
PREMIOS CAMPAÑA NADAL
O día 20 de xaneiro os comerciantes e hostaleiros asociados que participaron na Campaña de Nadal de Adeto, entregarán a un centenar de clientes que fixeron as súas compras en Tomiño os premios na Casa de Cultura, a partir das 21 h.
10/01/2017
CONCURSO POSTAIS NADAL 2016
Bos días,
Xa temos gañadores do concurso de Postais de Nadal de ADETO. Parabéns para todos eles e graciñas a todos por participar un ano máis. Os gañadores terán que recoller os premios este sábado as 11 da mañá na sede de ADETO, e son os seguintes:

CATEGORÍA A:
Alba Pérez Muñoz - CRA Mestre Manuel Garcés
María Pérez Ríos - CEIP de Tebra

CATEGORÍA B:
Aaron Dacuña Sierpes - CEIP de Sobrada
Brais Da Silva Alonso - CEP Pedro Caselles Beltrán

CATEGORÍA C:
Noa Pérez Ríos - CEIP de Tebra
Tomás Castiñeira Troncoso - CEIP Pintor Antonio Fernández

CATEGORÍA D:
Virginia Beiro Bernández - CEIP Pintor Antonio Fernández
Ismael González Álvarez - CEP Pedro Caselles Beltrán

Gracias tamén a Basilio Calzado e a Cristina Martínez Souto, que xunto con David Vila Magan e Maria Carmen Moldes de Adeto, formaron parte do xurado.
ACCESO AS FOTOS DAS POSTAIS
03/10/2016
CALENDARIO APERTURA DE DOMINGOS E FESTIVOS 2017
ORDE do 27 de setembro de 2016 pola que se establecen os domingos e festivos nos que se autoriza a apertura dos establecementos comerciais durante o ano 2017
Orde_do_DOG_nº_195_do_2016_10_13_-_Xunta_de_Galicia
15/09/2016
Cambio de horario
HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO:

De LUNS a VENRES  DE 9:00 A 13:00 H.


páxina   1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17   18   19   20   21   22 
... A D E T O ...
Axudas/Subvencións
... A D E T O ...
Cursos/Formación
Curso internet para o negocio local 17 Xuño Curso de Prevencion de riscos internet 19 Xuño
A Consellería de Economía e Industria convoca Cursos de idiomas de nivel...
ADETO
ADETO
ASOCIACION DE AUTONOMOS DE COMERCIO, HOSTELERIA E INDUSTRIA DE TOMIÑO
info@adeto.org - Teléfonos: 986 09 89 02
Pechar