ADETO
Inicio | Bolsa de traballo | Aviso legal
11/05/2017
PREMIOS DÍA DA NAI
OS NÚMEROS PREMIADOS DA CAMPAÑA DO DÍA A NAI:

Nº 06632

Vale para o Talaso Atlántico de Oia
(repartido en Supermercado Turonia – Vilachán)

Nº 13218
Bono para perruquería ou estética
(repartido en Novidades - Tomiño)

Nº 05534
Bono para droguería ou perfumería
(repartido en Manel Riveiro Peluqueros - Goian)

Nº 06899
Bono para xoiería
(repartido en Liliput – Tomiño)

Os premiados poderán recoller os vales pola oficina de ADETO nun prazo máximo de 30 días, en horario de mañán, de 9:00 h a 13:00 h.

Tomiño a 11 de Maio de 2017
08/05/2017
FIRMA PROTOCOLO ACTUACIÓN ENTRE ADETO E O CONCELLO DE TOMIÑO
ADETO E O CONCELLO FIRMAN UN PROTOCOLO DE ACTUACIÓN PARA POR EN MARCHA UN PLAN DE DINAMIZACIÓN DO COMERCIO A HOSTELERÍA E OS SERVICIOS DE TOMIÑO.

A firma deste protocolo produciuse onte a noite polo presidente de ADETO, David Vila, e a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e asistiron tamén varios comerciantes e hostalairos, así como o concelleiro de Promoción Económica e a empresa encargada de levar a cabo o proxecto.

Este Protocolo Xeral de Actuación ten por obxecto establecer as liñas de colaboración entre ambas Institucións para a realización das actividades que conforman o Proxecto de coñecemento da situación actual do Mercado comercial aberto de Tomiño e a súa viabilidade.

Máis polo miúdo o responsable de levar a cabo o estudo do mercado aberto, explicou as actividades a realizar, que incluirán en unha primeira fase, a realización de enquisas a cada un dos comerciantes e a clientes, visitas de clientes misteriosos, recepción de ideas e suxestións, etc. Logo desta etapa, impartirase formación “á carta” nos temas que os propios comerciantes demanden, segundo as súas carencias. Neste sentido, salientou a necesidade de incluir e potenciar o uso das novas tecnoloxías e redes sociais en todos os comercios, para adaptarse ás demandas dos clientes.

ADETO contará coa colaboración económica do Concello para sufragar as actividades previstas, até un límite de 2.722,50€, ou do 50%, se o importe total das mesmas fose inferior a esa cantidade.

As accións terán que desenvolverse até o 30 de novembro de 2017, coma data máxima de celebración e ó remate do proxecto, ADETO terá que presentar unha memoria explicativa das actividades levadas a cabo, así coma un exemplar do estudo previo e conclusións.

Este é un proxecto no que os directivos de ADETO teñen posta moita ilusión e que, dende hai máis ou menos un ano, se leva traballando para poder levalo a cabo, xa que os tempos están cambiando, a maneira de comprar tamén e hai que adpatarse e innovar. Eles mesmos confían en que esa ilusión a recollan os demais establecementos e se animen a participar.
24/04/2017
DÍA DA NAI CON ADETO
Fai as túas compras no comecio asociado e recibe participacións para o sorteo de un bono para perruquería ou estética, un bono para xoiería, un bono para perfumería e un bono para dúas persoas para o Talaso Atlántico de Oia. O sorteo será o día 10 de maio, despois publicaremos os números gañadores. FELIZ DÍA MAMÁ😘
05/04/2017
ENCONTRO EMPRESARIAL
Este vernes dia 7 de abril as 20:00h, o grupo BNI ALENTO organiza xunto con ADETO e o Concello de Tomiño un encontro de Networking no Mercado de Tomiño con empresas ubicadas no concello e comarca.

O obxectivo é que as empresas participantes teñan a posibilidade de poder aumentar a súa rede de contactos e ter mais visibilidade.

Así que se queredes que o voso negocio o coñeza mais xente, vos animamos a participar neste encontro.
Tomiño_Networker_invitacion
31/03/2017
IV DUATLON POPULAR DE TOMIÑO

(Proba popular de duatlon de Estrada)



Saída, Área de Transición e Meta

Saída: Rúa Colón,Tomiño

Transición e Meta: Rúa nova de Tomiño


Data e Horarios das carreiras

Sábado 13 de MAIO de 2017

PROBAS DE MENORES (CAMPEONATO GALEGO DUATLON ESCOLAR)

15:30 h. Saída categoría benxamín

16:00 h. Saída categoría alevín

16:40 h. Saída categoría infantil

17:30h. Saída categoría cadete
Hora de remate das probas as 18:15

PROBA ABSOLUTA

           19:30 h. Saída Absoluta

INSCRICION E INFORMACIÓN NA WEB DA FEDERACION GALEGA DE TRIATLÓN

FEGATRI INSCRICIONS

 

NOTA: Ó facer a inscrición sale un resguardo confirmando que estás inscrito. Pero a inscrición non terá efecto ata que non reciban o xustificante do pagamento e a copia do DNI. Os datos bancarios, así como o número de fax ou mail, para envialos, pódense ver no REGULAMENTO


COLABORAN:
SUPERMERCADO FROIZ
SUPERMERCADO DIA TOMIÑO
M&R DIXITAL
XIMNASIO VYP
DIFERSA
COCACOLA

23/03/2017
SORTEO DÍA DO PAI
O NÚMERO PREMIADO DA CAMPAÑA DO DÍA DO PAI É O SEGUINTE:

Nº 120113
Rifa dada por PEGO, S.L.

O premiado poderá recoller o premio na oficina de ADETO nun prazo máximo de 30 días, en horario de mañá, de 9:30 h a 13:00 h.
No caso que nese tempo non apareza o agraciado, perderá o dereito a reclamalo premio, e realizaremos novamente o sorteo.
10/03/2017
CAMPAÑA DÍA DO PAI
"CAMPAÑA PROMOCIONAL DÍA DO PAI EN ADETO"

Atopa no comercio local o agasallo perfecto.

Bos días, Comezamos a Campaña do Día do Pai, polas túas compras no comercio asociado recibirás unha papeleta para un sorteo dun lote de productos, que se fará o día 22 de marzo ás 21 h no local de Adeto. Despois colgaremos o número premiado.

Celebra o día do pai con ADETO.

páxina   1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17   18   19   20   21   22   23   24   25 
... A D E T O ...
Axudas/Subvencións
... A D E T O ...
Cursos/Formación
Curso internet para o negocio local 17 Xuño Curso de Prevencion de riscos internet 19 Xuño
A Consellería de Economía e Industria convoca Cursos de idiomas de nivel...
ADETO
ADETO
ASOCIACION DE AUTONOMOS DE COMERCIO, HOSTELERIA E INDUSTRIA DE TOMIÑO
info@adeto.org - Teléfonos: 986 09 89 02
Pechar