ADETO
Inicio | Bolsa de traballo | Aviso legal
10/12/2015
NADAL EN TOMIÑO
ADETO inicia a súa campaña de nadal con actividades de dinamización para incentivar o comercio de Tomiño como é o sorteo de 2000 € en premios, regalos de bicicletas, música nas rúas e concurso de debuxos entre outras actividades.

A Asociación de Comerciantes de Tomiño pon en marcha a campaña "Nadal En Tomiño" tras o éxito acadado en edicións anteriores. Unha campaña na que os consumidores do comercio Tomiñes que fagan as súas compras no comercio co cartel identificador da campaña, recibirán unha papeleta cun número e poderán participar no sorteo de diferentes cheques-regalo por valores que van dende os 5€ ata os 100€, repartíndose en total 2000€. Esta campaña iniciarase o día 9 de decembro e rematará o día 7 de Xaneiro. O sorteo dos vales celebrarase o día 8 de Xaneiro no local de Adeto ás 20:30h.

Ademais a asociación coa colaboración dos colexios de Educación Infantil e Primaria de Tomiño farán un ano máis o concurso de debuxos de Nadal, onde se poderán ver expostos todolos debuxos no local de Adeto os días 21, 22 e 23, e na Praza do Seixo os días 28, 29 e 30, coincidindo coas actividades de Tomilandia que organiza o Concello. O día 30 o xurado dará a coñecer os gañadores.

Todas estas iniciativas son a favor de desevolver o comercio, hostelería e industria de Tomiño, uns sectores que fan un esforzo por manter o texido empresarial e os postos de traballo que todos eles xeneran, polo cual é importante que os Tomiñeses fagan as súas compras no seu comercio, e tamén todos aqueles que nos visitan que consuman no comercio de Tomiño.
04/11/2015
NÚMEROS PREMIADOS SAMAÍN
OS NÚMEROS PREMIADOS DA CAMPAÑA DO SAMAÍN FORON:

Nº 4504 Vale de compra valorado en 75 €
(rifa dada por Peluquería Arte)

Nº 5101 Vale de compra valorado en 50 €
(rifa dada por Cafetería San Telmo)

Nº 5505 Vale de compra valorado en 25 €
(rifa dada por Confecciones Isabel)


Estos vales son a consumir no prazo dun mes dende a data do sorteo.
22/10/2015
SAMAIN CON ADETO
O próximo día 31 de Outubro ven celebralo Samain a Tomiño con ADETO.

Haberá Baile de disfraces aterradores, obradoiros e unha gran Queimada!! Para os peques tamén faremos unha merendola.

Todo elo amenizado con música. A partir das cinco da tarde para os nenos e das oito para maiores na Praza da Mina.

Sorteo de cheques regalo polas túas compras por valor de 75, 50 e 25 € (a consumir nos establecementos participantes)

O sorteo será presencial na Praza da Mina ás 21.00 h da noite, pero se chove realizarase no local de Adeto

COA PARTICIPACIÓN DE: CERVEXA LENDA
31/08/2015
10 RAZÓNS PARA MERCAR EN TOMIÑO
Porque o comercio de proximidade é o que da vida e cor o teu pobo e as súas rúas, merca nos establecementos locais. ADETO
13/07/2015
CLASIFICACIÓNS CARREIRA
CLASIFICACIÓNS DA CARREIRA CELEBRADA O SÁBADO EN TOMIÑO
ALEVINS
BENXAMINS
RESULTADOS_ABSOLUTA
RESULTADO_INFANTIL-CADETES
09/07/2015
LISTAXE INSCRITOS NA III CARREIRA POPULAR DE TOMIÑO
AQUÍ TEMOS O LISTADO DE CORREDORES, SE HOUBESE ALGÚN ERRO, AGRADECEMOS SE POÑAN EN CONTACTO NO NÚMERO 986.098.902 OU NO CORREO info@adeto.org. GRACIAS A TODOS POR INSCRIBIRSE.
LISTADO_1_-DORSALES_INFERIORES
LISTADO_2_-DORSALES_SUPERIORES
30/06/2015
III FESTA DAS ASOCIACIÓNS DE TOMIÑO
PROGRAMA DE ACTIVIDADES

páxina   1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17   18   19   20   21   22 
... A D E T O ...
Axudas/Subvencións
... A D E T O ...
Cursos/Formación
Curso internet para o negocio local 17 Xuño Curso de Prevencion de riscos internet 19 Xuño
A Consellería de Economía e Industria convoca Cursos de idiomas de nivel...
ADETO
ADETO
ASOCIACION DE AUTONOMOS DE COMERCIO, HOSTELERIA E INDUSTRIA DE TOMIÑO
info@adeto.org - Teléfonos: 986 09 89 02
Pechar