ADETO
Inicio | Bolsa de traballo | Aviso legal
Novas
30/10/2018
ADETO firma un convenio de colaboración con Rodríguez & Alonso Abogados
A asociación e o despacho de avogados Rodríguez & Alonso Abogados, asinaron no día de hoxe un convenio de colaboración que terá como obxecto a prestación de asesoramento xurídico por parte do despacho de avogados, ós diferentes asociados a ADETO. Formalizouse deste xeito unha iniciativa da Asociación encamiñada a proporcionar os mellores servizos e prestacións para os asociados.

Os beneficiarios do presente convenio serán tódolos asociados a ADETO. Deste xeito,os beneficiarios contarán entre outros cós seguintes dereitos como consultas gratuítas, relacionadas có ámbito profesional ou familiar en tódalas ordes xurisdiccionais, civís/mercantís, penais, administrativas; redacción, revisión e modificación de escritos e contratos; e defensa xurídica e asistencia a xuicio beneficiándose dun desconto do 20% sobre as tarifas por parte de dita empresa. Acceso a tarifas planas adecuadas ás necesidades de cada un, e poderán participar nas xornadas formativas divulgativas que se organicen

De igual modo, a empresa prestarase a colaborar coa asociación na preparación e desempeño de actividades divulgativas e formativas tales coma charlas conferencias e xornadas de contido de actualidade xurídica e interés para os asociados.

Todos aqueles socios que queiran solicitar unha cita, poden facelo a través do contacto da asociación ou directamente co despacho de avogados no teléfono 986 198 900. Mensualmente acudirán a Tomiño para atender todas as consultas sen necesidade de que os asociados teñan que desprazarse.

08/10/2018
PROXECTO ACTIVACION DO COMERCIO E PEMES DE TOMIÑO
Somos conscientes de que a situación actual do comercio local e as pequenas empresas non é moi boa.

A crise económica anterior, as multinacionais, as novas tecnoloxías ea globalización están creando unha situación insostible para os nosos negocios.

Ao mesmo tempo, a pesar desta situación, outras empresas e empresas din que van facturar máis que nunca. Non se entende.

As persoas detrás destas empresas están cansas, estresadas e esgotadas.

Aqueles de nós que temos negocios debemos parar e pensar o que está pasando, por que está a suceder e que medidas debemos tomar para cambiar a situación.

A asociación ADETO e o Concello de Tomiño reuníronse e decidiron por en marcha un programa de formación e asesoramento que intente cambiar a situación actual.

Se pensas que podería ser interesante para ti e para o teu negocio non deixes de ir o vindeiro xoves día 11 de outubro ás 9 da noite á presentación do programa MÁS POSIBLE. Será no salón de plenos do concello de Tomiño.

Alí explicaremos a que se refire este programa e a quen pode beneficiar.

¡ Non perderás o teu tempo!

Lembra: Xoves día 11 as 21:00 no salón de plenos do Concello de Tomiño

01/10/2018
ADETO E O CONCELLO FIRMAN UN PROTOCOLO DE COLABORACIÓN

13/07/2018
VIVE O TEU VERÁN EN TOMIÑO

16/07/2018
FEIRA DE OPORTUNIDADES XULLO

11/06/2018
VIVE O TEU VERÁN EN TOMIÑO

09/07/2018
VI FESTA DAS ASOCIACIÓNS DE TOMIÑO

07/05/2018
CAMPAÑA DÍA DA NAI

08/05/2018
CAMPAÑA DÍA DA NAI

20/04/2018
CAMPAÑA DÍA DA NAI

26/03/2018
CAMPAÑA DÍA DO PAI

07/03/2018
CAMPAÑA DÍA DO PAI

01/02/2018
DÍA DOS NAMORADOS

08/08/2018
VEN, INFÓRMATE E ASÓCIATE
A importancia das asociacións para as pequenas empresas.

A unión fai a forza. O pequeno comercio e as pequenas empresas sempre tiveron que lidar con diversos problemas e cambios: ampliación de horarios, apertura de grandes superficies, a crise económica, as tendas online, etcétera.

Aquí é onde entra en xogo a asociación de empresarios e comerciantes que agora máis que nunca sirve para lograr obxectivos que en solitario resultarían máis difíciles de conseguir.

Qué mellor maneira de defender os intereses e dereitos destes colectivos que uníndose a un grupo que persigue mellorar a imaxe e presenza de estes establecementos, e por unha pequena cota anual.

Vantaxes de ser asociado
• As institucións públicas terán máis presentes as reivindicacións
• Servizos, asesoramento, ofertas que impliquen una redución dos costos e mellora dos marxes
• Compartir gastos
• Participación en todas as campañas que realice a asociación
• Lograr unha maior visibilidade grazas a accións que promocionen o concello e atraian aos clientes
• Presenza nas redes sociais e na páxina web da asociación
• Participación en cursos de formación gratuítos
• Acceso a información relevante (festivos onde se pode abrir, subvencións, normativas...)

As asociacións soen estar presentes nos principais foros que afectan ó comercio. Grazas o cal, a presión e eficacia nas reivindicacións cobran maior forza e visibilidade.

En períodos de festas locais, é importante a visibilidade da marca para animar ó consumidor a realizalas súas compras nas tendas de toda a vida, para elo, a implicación resulta fundamental.

O aumento do consumidor no pequeno comercio redunda en máis xente a consumir no pobo no resto de ámbitos: hostalaría, servizos, industria, etc…

POR TODO ISTO ANIMÁMOSTE A ASOCIARTE, A FACER UNHA ASOCIACIÓN MÁIS FORTE, A CREAR A MARCA “TOMIÑO” E A DARLLE MÁIS VIDA Ó NOSO POBO, CANTOS MÁIS SEXAMOS, MÁIS COUSAS PODEREMOS FACER.

18/01/2018
RENOVACIÓN CONVENIO ABANCA

20/12/2017
VISITA PAPA NOEL

15/12/2017
NADAL EN TOMIÑO

10/03/2017
CAMPAÑA DÍA DO PAI

22/09/2017
AS CORES DO COMERCIO DE TOMIÑO

13/10/2017
DOMINGOS E FESTIVOS EN QUE SE PODE ABRIR NO 2018

01/09/2017
EU TAMÉN RECICLO

24/04/2017
DÍA DA NAI CON ADETO

09/08/2017
V FESTA DAS ASOCIACIÓNS DE TOMIÑO
19 e 20 de Agosto
V Festa das Asociacións De Tomiño
Ocio, Cultura, Gastronomía, Turismo

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

SÁBADO 19:

A partir das 10.30 h:
• Apertura da Feira de Oportunidades e artesanía
• Exposición das Asociacións de Tomiño
• Exposición de Somosarte no Mercado

De 11.30 a 13.30 h e de 18:00 a 20:00 h – Rúa A Guarda
• Actividades para os nenos organizadas por Festa A Esgalla

De 20.30 a 21.45 h – Praza do Seixo
• Festival de Floclore infantil da Asociación Cultural Virxe do Alivio

De 21 a 1.00 h – Praza do Seixo
• Barbería solidaria

De 22 h a 23.30 h – Praza do Seixo
• Master class de zumba

De 24 h ata remate – Praza do Seixo
• Actuación do Duo Folk-Pop-Tango A VIOLA

DOMINGO 20:
A partir das 10.30 h:
• Apertura da Feira de Oportunidades e artesanía
• Exposición das Asociacións de Tomiño
• Exposición de Somosarte no Mercado

De 11.30 a 13.30 h e de 18:00 a 20:00 h – Rúa A Guarda
• Actividades para os nenos organizadas por Festa A Esgalla

De 11.00 a 19.00 h – Praza da Mina
• Concurso de Dibuxo e pintura ó aire libre organizado pola Asociación Cultural, Deportiva e Recreativa Solleiro de Tomiño (ás 20 h. realizarán a entrega de premios)

A partir das 11.30 h
• Actuación de Batucada Lenha Verde

As 20.30 h
• Espectáculo con marionetas “Cocer e Cantar” con Viravolta Títeres

20/06/2017
V FESTA DAS ASOCIACIÓNS DE TOMIÑO

16/06/2017
DÍAS AZUIS DO COMERCIO GALEGO
A campaña "Días azuis do comercio galego" é unha iniciativa da Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia en colaboración coas federacións provinciais, asociacións de comerciantes e centros comerciais abertos de Galicia.

A campaña terá lugar entre o 16 e o 30 de xuño de 2017 e nela poden participar todos os clientes do comercio de proximidade de Galicia que merquen nestas datas. Entre eles sortearanse 16.000 euros en premios, distribuidos en 8 tarxetas prepago regalo de 500 euros (2 por provincia), 20 tarxetas de 300 euros (5 por provincia) e 40 tarxetas de 150 euros (10 por provincia), que deberán ser empregados para volver a mercar nos establecementos tradicionais galegos. O sorteo realizarase ante notario o 5 de xullo de 2017.

Para participar na campaña, proporcionánte 3 maneiras diferentes:


- Enviar un SMS coa palabra DIASAZUIS, seguido do nome e apelidos, ao teléfono 981 099 093 (coste do SMS segundo a tarifa contratada co seu operador).

- Rexistrar a túa compra nesta mesma páxina web
DÍAS AZUIS / PARTICIPA

- Coa colaboración do comerciante, sendo él o que rexistre a túa compra a través da páxina web DÍAS AZUIS / COMERCIOS. Deste xeito, tú como consumidor obterás unha participación a maiores para o sorteo.

* En tódolos casos, ti como cliente debes fotografiar e/ou gardar o teu ticket de compra como xustificante da mesma.

Os gañadores dos premios serán contactados pola Federación Galega de Comercio para informarlles do premio obtido e cando será entregado. Así mesmo, os gañadores do sorteo publicaranse nesta mesma páxina web unha vez finalizada a campaña.

Podes consultar calquera dúbida ó respecto no teléfono gratuito 900 103 087 ou a través do correo electrónico dptocomunicacion@comerciogalicia.es.

26/05/2017
PLAN DINAMIZACIÓN - PARTE 1

23/05/2017
PLAN DINAMIZACIÓN - PARTE 1

22/05/2017
PLAN DINAMIZACIÓN - PARTE 1

16/05/2017
PLAN DINAMIZACIÓN - PARTE 1

15/05/2017
CLASIFICACIÓN DUATLON POPULAR
No seguinte enlace podedes consultar as clasificacións do Duatlon Popular celebrado o sábado:

Clasificacións absoluta

Graciñas a todos por participar.

As escolares tan pronto estean xa as colgamos.

11/05/2017
PREMIOS DÍA DA NAI

08/05/2017
FIRMA PROTOCOLO ACTUACIÓN ENTRE ADETO E O CONCELLO DE TOMIÑO
ADETO E O CONCELLO FIRMAN UN PROTOCOLO DE ACTUACIÓN PARA POR EN MARCHA UN PLAN DE DINAMIZACIÓN DO COMERCIO A HOSTELERÍA E OS SERVICIOS DE TOMIÑO.

A firma deste protocolo produciuse onte a noite polo presidente de ADETO, David Vila, e a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e asistiron tamén varios comerciantes e hostalairos, así como o concelleiro de Promoción Económica e a empresa encargada de levar a cabo o proxecto.

Este Protocolo Xeral de Actuación ten por obxecto establecer as liñas de colaboración entre ambas Institucións para a realización das actividades que conforman o Proxecto de coñecemento da situación actual do Mercado comercial aberto de Tomiño e a súa viabilidade.

Máis polo miúdo o responsable de levar a cabo o estudo do mercado aberto, explicou as actividades a realizar, que incluirán en unha primeira fase, a realización de enquisas a cada un dos comerciantes e a clientes, visitas de clientes misteriosos, recepción de ideas e suxestións, etc. Logo desta etapa, impartirase formación “á carta” nos temas que os propios comerciantes demanden, segundo as súas carencias. Neste sentido, salientou a necesidade de incluir e potenciar o uso das novas tecnoloxías e redes sociais en todos os comercios, para adaptarse ás demandas dos clientes.

ADETO contará coa colaboración económica do Concello para sufragar as actividades previstas, até un límite de 2.722,50€, ou do 50%, se o importe total das mesmas fose inferior a esa cantidade.

As accións terán que desenvolverse até o 30 de novembro de 2017, coma data máxima de celebración e ó remate do proxecto, ADETO terá que presentar unha memoria explicativa das actividades levadas a cabo, así coma un exemplar do estudo previo e conclusións.

Este é un proxecto no que os directivos de ADETO teñen posta moita ilusión e que, dende hai máis ou menos un ano, se leva traballando para poder levalo a cabo, xa que os tempos están cambiando, a maneira de comprar tamén e hai que adpatarse e innovar. Eles mesmos confían en que esa ilusión a recollan os demais establecementos e se animen a participar.

31/03/2017
IV DUATLON POPULAR DE TOMIÑO

(Proba popular de duatlon de Estrada)



Saída, Área de Transición e Meta

Saída: Rúa Colón,Tomiño

Transición e Meta: Rúa nova de Tomiño


Data e Horarios das carreiras

Sábado 13 de MAIO de 2017

PROBAS DE MENORES (CAMPEONATO GALEGO DUATLON ESCOLAR)

15:30 h. Saída categoría benxamín

16:00 h. Saída categoría alevín

16:40 h. Saída categoría infantil

17:30h. Saída categoría cadete
Hora de remate das probas as 18:15

PROBA ABSOLUTA

           19:30 h. Saída Absoluta

INSCRICION E INFORMACIÓN NA WEB DA FEDERACION GALEGA DE TRIATLÓN

FEGATRI INSCRICIONS

 

NOTA: Ó facer a inscrición sale un resguardo confirmando que estás inscrito. Pero a inscrición non terá efecto ata que non reciban o xustificante do pagamento e a copia do DNI. Os datos bancarios, así como o número de fax ou mail, para envialos, pódense ver no REGULAMENTO


COLABORAN:
SUPERMERCADO FROIZ
SUPERMERCADO DIA TOMIÑO
M&R DIXITAL
XIMNASIO VYP
DIFERSA
COCACOLA


05/04/2017
ENCONTRO EMPRESARIAL

23/03/2017
SORTEO DÍA DO PAI

10/03/2017
CHARLAS CLÁUSULAS SUELO
ADETO ORGANIZA UNHA CHARLA SOBRE AS "CLÁUSULAS SUELO" HIPOTECARIAS ABERTA Ó PÚBLICO EN XERAL.

O vindeiro venres 17 de marzo, a partires das 21.00 h na Casa da Cultura de Tomiño, os abogados da firma Miguélez & Asociados (Beatriz Rodríguez eCarlos Alonso) exporán a nova situación á que deben facer fronte os consumidores que teñan contratado un préstamo hipotecario con “cláusula suelo” no seu condicionado.

Unha vez que o pasado 22 de decembro o Tribunal Europeo fixera público o seu dictame de total retroactividade na devolución das cuantías cobradas indebidamente en concepto de “cláusula suelo”, os consumidores deben saber cómo é o procedemento que se teñen que enfrontar para poder facer valer os seus dereitos e recuperar todo o pagado en exceso nas súas hipotecas.

Lamentablemente, a regulación emitida polo Goberno fai unhas semanas (RD-LEY 1/2017 Sobre Devolución De Cláusula Suelo) non será suficiente para facer valer os seus dereitos xa que deixa fora a reclamación dos gastos de formalización considerados tamén abusivos. A maiores, varias entidades bancarias xa manifestaron públicamente que non se acollerán ó devandito regulamento, polo que a única alternativa para esos consumidores será acudir á vía xudicial.

Deste xeito, os letrados de Miguélez & Asociados exporán as vías existentes de reclamación tanto vía Real Decreto como por demanda xudicial. Outro dos aspectos que suscita grande interese, e que tamén desgranarán os avogados, é a tributación a Hacienda das cuantías que finalmente se logren recuperar para o consumidor.

MIGUELEZ & ASOCIADOS ABOGADOS

Tomiño: R/ Colón, nº6 Bajo – Tel. 686.81.63.18 – info@miguelezasociados.es

23/02/2017
INFORMACIÓN SOBRE CLÁUSULAS SUELO
Recordemos, las cláusulas suelo son aquellas que fijaban un tope mínimo de intereses que los clientes de contratos hipotecarios debían pagar. Estas cláusulas han impedido a los consumidores afectados beneficiarse de la caída del Euríbor, principal índice de referencia para la mayoría de las hipotecas en España.

Con los criterios del TJUE y, ojo, también del Supremo, la mayoría de las cláusulas incluidas en los contratos son impuestas y predispuestas por la Banca. No hay capacidad de negociación. Hay casos en los que el cliente ni siquiera sabía que esa cláusula existía, pero incluso cuando hablamos de gente informada, que podían saber de su existencia, ¿tuvieron capacidad de negociarla? No. ¿Les informaron de sus consecuencias en el futuro? No. ¿Estaba la cláusula explicada en un lugar visible o escondida en la letra pequeña?

Ésta es la época de los consumidores: eso es lo que dice Europa. ¿La parte débil cuál es? La del consumidor. Porque ante un banco o ante una gran empresa, ¿tiene el consumidor capacidad para negociar o modificar las condiciones de un contrato? No. Pues si no tiene capacidad, hay que protegerle. Eso es lo que está haciendo Europa, nos está protegiendo.

El Tribunal Supremo consideró como abusivas estas cláusulas, al entender que los consumidores no habían sido informados de la carga económica y jurídica que se les imponía, pero fijó en la fecha de la sentencia, el 9 de mayo de 2013, la retroactividad máxima para que su nulidad sólo tuviera efectos de cara al futuro.

La limitación en el tiempo fijada en la Sentencia del Tribunal Supremo de 9 de mayo de 2.013 resulta una protección de los consumidores incompleta e insuficiente que no constituye un medio adecuado y eficaz para que cese el uso de las clausulas abusivas, en contra de lo que exige la Directiva Europea 93/13/CEE, de 5 de abril de 1.993, sobre las clausulas abusivas en los contratos celebrados con consumidores.

La Sentencia dictada por el TJUE el pasado 21 de diciembre declara que el carácter abusivo de una clausula debe tener como consecuencia el restablecimiento de la situación en la que se encontraría el consumidor de no haber existido la clausula, debiendo permitir la restitución de las ventajas obtenidas indebidamente por la entidad bancaria en detrimento del consumidor. Este Tribunal considera que la limitación en el tiempo de los efectos jurídicos derivados de la declaración de nulidad de las clausulas suelo, que el TS acordó en la St. de 9 de mayo de 2.013, equivale a privar con carácter general a todo consumidor que haya celebrado antes de aquella fecha un contrato de préstamo hipotecario que contenga una clausula de ese tipo del derecho a obtener la restitución íntegra de las cantidades que haya abonado indebidamente a la entidad bancaria sobre la base de la clausula suelo durante el periodo anterior al 9 de mayo de 2.013.

Como consumidores, ¿qué podemos hacer tras la Sentencia del TJUE del 21 de diciembre? El primer paso es saber si la hipoteca contiene o no cláusula suelo. Para ello hay que revisar la escritura de préstamo hipotecario. En caso afirmativo, toca reclamar judicialmente. La Sentencia del TJUE puntualiza que las devoluciones no deben limitarse a los importes pagados desde la sentencia del 9 de mayo de 2013, sino que la retroactividad debe remontarse a la firma del contrato. Pero esto no implica, ni mucho menos, que las entidades financieras tengan la obligación de devolver el dinero de oficio. La única posibilidad de que a los afectados se les reintegre la totalidad de las cantidades cobradas de más es mediante la interposición de una demanda frente a los tribunales. Mi consejo es asesorarse con un experto para calcular exactamente qué cantidades se han pagado de más y reclamarlas. En el caso de que nunca se hayan iniciado acciones judiciales, no significa que no pueda reclamar, con la sentencia del TJUE se abre un camino mucho más llano para todos aquellos que deseen recuperar sus cantidades pagadas en concepto de clausula suelo sin estar en el límite del año 2013, puesto que se reclamaría la devolución desde la firma del contrato y eliminaría para el futuro la imposición de la misma, obteniendo en todo caso un gran beneficio económico.

Beatriz Rodríguez Gómez
Abogada de Miguélez y Asociados

20/01/2017
CALENDARIO LABORAL 2017

13/02/2017
ADETO firma un convenio de colaboración con Miguélez & Alonso Asociados S.L. (M&A)
A asociación e o despacho de avogados Miguélez & Alonso Asociados, asinaron un convenio de colaboración que terá como obxecto a prestación de asesoramento xurídico por parte do despacho de avogados, ós diferentes asociados a ADETO. Formalizouse deste xeito unha iniciativa da Asociación encamiñada a proporcionar os mellores servizos e prestacións para os asociados.

Así pois, MIGUÉLEZ & ALONSO ASOCIADOS, prestarase a participar nas actividades formativas e divulgativas que leve a cabo a asociación de comerciantes e que se atopen relacionadas có ámbito xurídico.

Os beneficiarios do presente convenio serán tódolos asociados a ADETO. Deste xeito,os beneficiarios contarán entre outros cós seguintes dereitos como consultas gratuítas, relacionadas có ámbito profesional ou familiar en tódalas ordes xurisdiccionais, civís/mercantís, penais, administrativas; redacción, revisión e modificación de escritos e contratos; e defensa xurídica e asistencia a xuicio beneficiándose dun desconto do 20% sobre as tarifas por parte de dita empresa. Acceso a tarifas planas adecuadas ás necesidades de cada un, e poderán participar nas xornadas formativas divulgativas que se organicen

De igual modo, a empresa prestarase a colaborar coa asociación na preparación e desempeño de actividades divulgativas e formativas tales coma charlas conferencias e xornadas de contido de actualidade xurídica e interés para os asociados.

01/02/2017
SAN VALENTÍN

23/01/2017
ADETO finalizou a campaña do Nadal ca entrega de premios dos cheques regalo o pasado venres, despois de repartirse máis de 30.000 papeletas polos asociados participantes.
Ás 21 h da tarde do venres día 20, procedeuse a entregar os premios ó centenar de gañadores dos cheques e agasallos dados polos establecementos participantes na campaña, así como os dados por ADETO. (A todos os que non puideron asistir a recoller o seu premio, poden achegarse ata o local de Adeto nas Galerías da Rúa Gondomar polas mañas).

Unha campaña na que se realizaron diferentes actividades tamén, como foron animación nas rúas os días 23 e 30 de decembro, a colaboración co Concello nas Actividades de Nadal que se realizaron na carpa na Praza do Seixo, ou a celebración un ano máis o concurso de postais de Nadal, entre os nenos de tódolos colexios do concello de infantil e primaria, e no que participaron uns 400 alumnos, resultando premiadas 8 postais de varias categorías, como xa publicamos en novas anteriores.

Este ano ademáis, o Servizo de Atención Diúrna do Concello de Tomiño integrado na rede pública do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar dependente da Conselleria de Política Social, en colaboración coa asociación realizou unha coroa de Nadal decorativa para cada establecemento asociado.

As coroas, feitas a man e con materiais totalmente reciclables e reutilizables, foron creadas polos/as usuarios/as con apoio do persoal. Entre ambos recopilaron o material necesario para crear os adornos que van dende o papel de periódico que reciben todos os días no centro ata retallos pequenos de tea que tiñan pola casa, pasando por restos de vides sobrantes da poda ou tapóns de botellas plásticas e cortizas.

18/01/2017
PREMIOS CAMPAÑA NADAL

10/01/2017
CONCURSO POSTAIS NADAL 2016
Bos días,
Xa temos gañadores do concurso de Postais de Nadal de ADETO. Parabéns para todos eles e graciñas a todos por participar un ano máis. Os gañadores terán que recoller os premios este sábado as 11 da mañá na sede de ADETO, e son os seguintes:

CATEGORÍA A:
Alba Pérez Muñoz - CRA Mestre Manuel Garcés
María Pérez Ríos - CEIP de Tebra

CATEGORÍA B:
Aaron Dacuña Sierpes - CEIP de Sobrada
Brais Da Silva Alonso - CEP Pedro Caselles Beltrán

CATEGORÍA C:
Noa Pérez Ríos - CEIP de Tebra
Tomás Castiñeira Troncoso - CEIP Pintor Antonio Fernández

CATEGORÍA D:
Virginia Beiro Bernández - CEIP Pintor Antonio Fernández
Ismael González Álvarez - CEP Pedro Caselles Beltrán

Gracias tamén a Basilio Calzado e a Cristina Martínez Souto, que xunto con David Vila Magan e Maria Carmen Moldes de Adeto, formaron parte do xurado.
ACCESO AS FOTOS DAS POSTAIS

03/10/2016
CALENDARIO APERTURA DE DOMINGOS E FESTIVOS 2017

15/09/2016
Cambio de horario

12/08/2016
VACACIÓNS

28/07/2016
RENOVACIÓN CONVENIO ABANCA

11/07/2016
IV CARREIRA POPULAR DE TOMIÑO

08/07/2016
corredores

29/06/2016

29/06/2016

29/06/2016

30/06/2016
IV FESTA DAS ASOCIACIÓNS DE TOMIÑO

29/06/2016

08/06/2016
IV FESTA DAS ASOCIACIÓNS DE TOMIÑO

06/06/2016
IV CARREIRA POPULAR TOMIÑO
Dende hoxe están abertas as inscricións para a IV Carreira Popular que organiza Adeto.

Tendes toda a información no seguinte enlace:

CARREIRA POPULAR TOMIÑO

A Carreira Absoluta comezará ás 20:30 h
Este ano aumentamos un kilómetro e medio máis a carreira absoluta. Anímate e inscríbete

04/05/2016
PREMIOS CAMPAÑA DÍA DA NAI

22/04/2016
DUATLON TOMIÑO

06/04/2016
III DUATLON POPULAR DE TOMIÑO

(Proba popular de duatlon de Estrada)



Saída, Área de Transición e Meta

Saída: Rúa Colón,Tomiño

Transición e Meta: Rúa nova de Tomiño


Data e Horarios das carreiras

Sábado 23 de abril de 2016

PROBAS DE MENORES

16:00 h. Saída Benxamín

16:20 h. Saída Alevín

16:50 h. Saída Infantil e Cadete

PROBA ABSOLUTA

           18:15 h. Saída Absoluta

INSCRICION E INFORMACIÓN NA WEB DA FEDERACION GALEGA DE TRIATLÓN

FEGATRI INSCRICIONS
CIRCUITOS

 

NOTA: Ó facer a inscrición sale un resguardo confirmando que estás inscrito. Pero a inscrición non terá efecto ata que non reciban o xustificante do pagamento e a copia do DNI. Os datos bancarios, así como o número de fax ou mail, para envialos, pódense ver no REGULAMENTO


COLABORAN:
SUPERMERCADO FROIZ
SUPERMERCADO DIA TOMIÑO
M&R DIXITAL
XIMNASIO VYP
DIFERSA
BODEGAS ALTOS DE TORONA
COCACOLA


21/03/2016
CAMPAÑA DÍA DO PAI - NÚMEROS PREMIADOS

11/03/2016
DÍA DO PAI

18/02/2016
FEIRA DE OPORTUNIDADES

15/01/2016
CALENDARIO LABORAL 2016

09/01/2016
SORTEO CAMPAÑA DE NADAL ADETO

09/01/2016
SORTEO CAMPAÑA DE NADAL

11/12/2015
MercaNadal en Tomiño

10/12/2015
NADAL EN TOMIÑO
ADETO inicia a súa campaña de nadal con actividades de dinamización para incentivar o comercio de Tomiño como é o sorteo de 2000 € en premios, regalos de bicicletas, música nas rúas e concurso de debuxos entre outras actividades.

A Asociación de Comerciantes de Tomiño pon en marcha a campaña "Nadal En Tomiño" tras o éxito acadado en edicións anteriores. Unha campaña na que os consumidores do comercio Tomiñes que fagan as súas compras no comercio co cartel identificador da campaña, recibirán unha papeleta cun número e poderán participar no sorteo de diferentes cheques-regalo por valores que van dende os 5€ ata os 100€, repartíndose en total 2000€. Esta campaña iniciarase o día 9 de decembro e rematará o día 7 de Xaneiro. O sorteo dos vales celebrarase o día 8 de Xaneiro no local de Adeto ás 20:30h.

Ademais a asociación coa colaboración dos colexios de Educación Infantil e Primaria de Tomiño farán un ano máis o concurso de debuxos de Nadal, onde se poderán ver expostos todolos debuxos no local de Adeto os días 21, 22 e 23, e na Praza do Seixo os días 28, 29 e 30, coincidindo coas actividades de Tomilandia que organiza o Concello. O día 30 o xurado dará a coñecer os gañadores.

Todas estas iniciativas son a favor de desevolver o comercio, hostelería e industria de Tomiño, uns sectores que fan un esforzo por manter o texido empresarial e os postos de traballo que todos eles xeneran, polo cual é importante que os Tomiñeses fagan as súas compras no seu comercio, e tamén todos aqueles que nos visitan que consuman no comercio de Tomiño.

04/11/2015
NÚMEROS PREMIADOS SAMAÍN

22/10/2015
SAMAIN CON ADETO

13/07/2015
CLASIFICACIÓNS CARREIRA

09/07/2015
LISTAXE INSCRITOS NA III CARREIRA POPULAR DE TOMIÑO

30/06/2015
III FESTA DAS ASOCIACIÓNS DE TOMIÑO

22/06/2015
ADETO FIRMA UN CONVENIO CON ABANCA
ABANCA e os Empresarios de Tomiño facilitan o crédito aos emprendedores

O banco e a asociación sectorial asinan un convenio de colaboración para reactivar a actividade comercial

Os socios desta localidade pontevedresa gozarán de mellores condicións na contratación de produtos da entidade financeira galega

22.06.2015. ABANCA e a Asociación de Autónomos de Comercio, Hostalería e Industria de Tomiño (Adeto) veñen de asinar un novo convenio que reforza a súa colaboración e permite facilitar o crédito a profesionais desta localidade do sur de Galicia.

O presidente e a secretaria da Asociación de Autónomos de Comercio, Hostalería e Industria de Tomiño, David Vila Magán e María Carmen Moldes González, e o director de zona de ABANCA en no Baixo Miño, Enrique Marticorena Rodelgo, rubricaron hoxe un acordo que renova a aposta que mantén a entidade financeira co tecido empresarial do sur da provincia galega.

O convenio facilita que os emprendedores asociados a accedan a condicións melloradas na contratación de produtos como pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, avais ou liñas de desconto. O documento asinado tamén pon a disposición dos empresarios a comercialización de produtos específicos da entidade como Crediventa ou compras especiais (a través das tarxetas de crédito) para dinamizar a actividade mercantil.

Os profesionais pertencentes a esta asociación tamén se beneficiarán de tarifas personalizadas na alta e o mantemento de Terminais no Punto de Venda (TPV) e poderán acceder ás vantaxes que ofrece o novo Programa Cero Comisións, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais.

A entidade tamén porá a disposición de todos os asociados xestores especializados en materia de seguros ou banca electrónica. Desta maneira, dende as oficinas de ABANCA facilitarase a información relativa ás opcións de financiamento a través do convenio asinado coa Deputación de Pontevedra, así como outros convenio do ICO, Igape e SGR.



17/06/2015
III CARREIRA POPULAR DE TOMIÑO

01/06/2015
RENOVACIÓN DIRECTIVA ADETO
O pasado día 28 de maio, a asociación de comerciantes de Tomiño – ADETO, celebrou unha asemblea Xeral de socios, na que se renovou e así quedou aprobada polos presentes, a nova xunta directiva da asociación.

A Xunta Directiva quedará formada da seguinte maneira:

Presidente: David Vila Magán (Confecciones Isabel)
Vicepresidente: Manuel Pérez Riveiro (Manel Riveiro Peluqueros)
Secretario: Mª Del Carmen Moldes González (Ortopedia Moldes)
Tesoureiro: Rebeca Vázquez Carrera (Liliput)
Vocal: Enrique Gómez Rodríguez (Cafetería San Telmo)
Vocal: Mª José Fernández Domínguez (Peluquería Arte)
Vocal: Fátima Oroña Álvarez (Fontanería J. Abollo)
Vocal: Begoña Álvarez Rodríguez (Librería Verbas)
Vocal: Juan Fernando Vaz Vieira-Maciel (Tapería Abadía)

Esta nova directiva seguirá traballando con entusiasmo polo ben dos asociados e do comercio de Tomiño.

31/08/2015
10 RAZÓNS PARA MERCAR EN TOMIÑO

28/05/2015
DÍA DA NAI

19/05/2015
CURSO ALÉRXENOS E INTOLERANCIAS NA ALIMENTACIÓN

06/05/2015
CAMPAÑA DÍA DA NAI

06/05/2015
CAMPAÑA DÍA DA NAI

27/04/2015
DUATLON DE TOMIÑO

21/04/2015
DUATLON DE TOMIÑO

17/04/2015
CAMPAÑA DÍA DA NAI
“Campaña Día da Nai en Adeto”


A Asociación de Comerciantes de Tomiño pon en marcha a campaña "Campaña Día da Nai". Unha campaña na que os consumidores do comercio Tomiñes que fagan as súas compras no comercio co cartel identificativo da campaña, recibirán unha papeleta cun número e poderán participar no sorteo de diferentes cheques-regalo por valores que van dende os 5€ ata os 100€, repartíndose en total máis de 800 €, así como 2 bonos para o Talaso Atlántico de Oia.

Esta campaña iniciarase o día 18 de abril e rematará o día 4 de maio.

O sorteo dos vales dos comercios celebrarase o día 5 de maio no local de Adeto ás 20:30h. Os vales para o Talaso sortearanse o mércores 6 de maio ás 12.00 h no Mercado de Tomiño.

“PORQUE AMAR ESTÁ NA TÚA NATUREZA, FELIZ DÍA MAMÁ”

Organiza: ADETO

Colabora: Concello de Tomiño


09/04/2015
II DUATLON DE TOMIÑO

II DUATLON TOMIÑO

(Proba popular de duatlon de Estrada)






Saída, Área de Transición e Meta

Saída: Rúa Colón,Tomiño

Transición e Meta: Rúa nova de Tomiño


Data e Horarios das carreiras

Sábado 25 de abril de 2015

PROBAS DE MENORES

16:00 h. Saída Benxamín

16:20 h. Saída Alevín

16:50 h. Saída Infantil e Cadete

PROBA ABSOLUTA

           18:15 h. Saída Absoluta

INSCRIPCION NA WEB DA FEDERACION GALEGA DE TRIATLÓN

FEGATRI INSCRICIONS

 

NOTA: Ó facer a inscrición sale un resguardo confirmando que estás inscrito. Pero a inscrición non terá efecto ata que non reciban o xustificante do pagamento e a copia do DNI. Os datos bancarios, así como o número de fax ou mail, para envialos, pódense ver no REGULAMENTO (Non é necesario no caso dos nenos)


COLABORAN:
SUPERMERCADO FROIZ
SUPERMERCADO DIA TOMIÑO
M&R DIXITAL
XIMNASIO VYP
DIFERSA
BODEGAS ALTOS DE TORONA
COCACOLA


24/03/2015
NÚMEROS PREMIADOS CAMPAÑA DÍA DO PAI

16/03/2015
DÍA DO PAI

20/02/2015
FEIRA OPORTUNIDADES E EXPOSICIÓNS

09/01/2015
CAMPAÑA NADAL 2014-2015

09/01/2015
CAMPAÑA NADAL 2014-2015

10/12/2014
CAMPAÑA NADAL 2014
NADAL EN TOMIÑO CON ADETO 2014-15

ADETO inicia a súa campaña de nadal con actividades de dinamización para incentivar o comercio de Tomiño como é o sorteo de 2000 € en premios, regalos de bicicletas e concurso de debuxos entre outras actividades.



A Asociación de Comerciantes de Tomiño pon en marcha a campaña "Nadal En Tomiño" tras o éxito acadado en edicións anteriores. Unha campaña na que os consumidores do comercio Tomiñes que fagan as súas compras no comercio co cartel identificativo da campaña, recibirán unha papeleta cun número e podrán participar no sorteo de diferentes cheques-regalo por valores que van dende os 5€ ata os 100€, repartíndose en total 2000€. Esta campaña iniciarase o día 15 e rematará o día 7 de Xaneiro.

O sorteo dos vales dos comercios celebrarase o día 8 de Xaneiro no local de Adeto ás 20:30h. Os vales dados por ADETO de 100€, 75€, dous de 50€ e tres de 25€, sortearanse o venres 9 de Xaneiro en Radio Tui.

Ademais a asociación Adeto coa colaboración dos colexios de Educación Infantil e Primaria de Tomiño farán un ano máis o concurso de debuxos de Nadal, onde se poderán ver expostos todolos debuxos no local de Adeto e no Centro Goianes dende o día 20 ata o 26 de Decembro, e no Pavillón de Tomiño os días 29 e 30, coincidindo coas actividades de Tomilandia que organiza o Concello.



O día 30 o xurado dará a coñecer os gañadores.

Todas estas iniciativas son a favor de desevolver o comercio, hostelería e industria de Tomiño, uns sectores que fan un esforzo por manter o texido empresarial e os postos de traballo que todos eles xeneran, polo cual e importante que os Tomiñeses fagan as súas compras no seu comercio, e tamén todos aqueles que nos visitan que consuman no comercio de Tomiño.

20/11/2014
FESTIVOS LOCAIS ANO 2015

04/11/2014
NOVO MAPA COMERCIAL DE TOMIÑO E GOIÁN

22/10/2014
CAMPAÑA DO SAMAÍN

14/10/2014
Domingos e festivos que os comercios poden abrir ao público en 2015

14/10/2014
Algo terrorífico vai a pasar en Tomiño...

02/07/2014
II CARREIRA POPULAR DE TOMIÑO

09/06/2014
II FESTA DAS ASOCIACIÓNS TOMIÑO

02/06/2014
XUÑO MES DOS CURSOS

20/05/2014
GAÑADORES MAIS QUE COMERCIO

15/05/2014
Campaña “DIA DA NAI 04/05/2014” ADETO

05/05/2014
I DUATLÓN TOMIÑO

07/04/2014
I DUATLÓN DE TOMIÑO

02/04/2014
CAMPAÑA MAIS QUE COMERCIO

28/03/2014
ADETO FIRMA UN CONVENIO CON PROSEGUR

18/03/2014
Gañadores das dúas cestas do entroido

13/03/2014
Sorteo das duas cestas do entroido

25/02/2014
GAÑADORES CONCURSO ESCAPARATES NADAL EN TOMIÑO 2013-14

24/02/2014
Campaña entroido 2014

A Asociación de Empresarios de Tomiño (ADETO) inicia en conxunto coa federacion de comercio de Pontevedra a campaña de entroido, sorteando dúas cestas de productos típicos destas datas, polas compras feitas nos establecementos hosteleiros e ferreteiros asociados do Concello de Tomiño.
Cada cesta contén productos típicos do entroido: un lacón, chourizos, grelos, ourella e dúas botellas
polo que este vai a ser un entroido con Sabor.

Para poder participar os clientes, deberán cubrir os cupóns de participación que se lles entregarán nos establecimentos asociados e os depositarán nas urnas de ADETO que se atopan en cada establecemento asociado do sector da hostelería . O sorteo das cestas terá lugar o próximo 14 de marzo no propio local de ADETO.


Todas estas iniciativas son a favor de incentivar a hostelería e o sector ferreteiro de Tomiño, uns sectores que fan un esforzo por manter o texido empresarial e os postos de traballo que todos eles xeneran, polo cual e importante que os Tomiñeses fagan as súas compras no seu comercio, e tamén todos aqueles que nos visitan que consuman no comercio de Tomiño.


15/02/2014
FEIRA DE OPORTUNIDADES 15-16 FEBREIRO

22/01/2014
Inscripcion II Feira de Oportunidades

15/01/2014
GAÑADORES SORTEO NADAL EN TOMIÑO ADETO 2013-14

ADETO fai publico os números gañadores do sorteo de 3500€ en cheques regalos da campaña "Nadal En Tomiño"

O día 13 de Xaneiro, no local de Adeto, celebrouse o sorteo dos cheques regalo dos comercios tomiñeses dentro da campaña "Nadal En Tomiño".

E hoxe 15 de Xaneiro, na Radio Municipal de Tui, celebrouse o sorteo de tres cheques regalo de Adeto de 200, 100 e 50 euros respectivamente, a consumir en calquera dos comercios asociados.

Na parte inferior atoparán os enlaces coas listas de gañadores.

A campaña, que estivo aberta ata o día 10 de Xaneiro, tratouse de que os consumidores dos comercios tomiñeses, que fixeron as súas compras no comercio co cartel identificativo da Asociación de Comerciantes de Tomiño, recibiron unha papeleta cun número e puderon participar no sorteo de diferentes cheques-regalo por valores que van dende os 5€ ata os 200€, repartíndose en total 3500€.

Esta campaña supuxo un éxito, como en anos anteriores, xa que debido o gran número de participantes inscritos no concurso, fomentou o desenvolvemento do comercio, a hostelería e a industria de Tomiño.


25/10/2013
ADETO ESTÁ A DESENROLAR UN CURSO DE ESCAPARATISMO

O comercio de Tomiño, coñecedores da importancia dun bo escaparete, asisten ao curso de escaparatismo impartido polo mestre Kike Corbacho.
 
Nos días nos que estamos é importante coidar todos os detalles nun comercio, e o escaparate é un dos principais reclamos dun bo establecemento, é unha fonte de atracción pública e un medio de comunicación cos potenciais clientes. Partindo desta idea, ADETO xunto coa empresa Grupo Formate imparten un curso de escaparatismo onde se estudia e pon en práctica a comunicación visual, organización, composición, mensaxes que transmitimos cos productos e máis outros temas que o mestre Kike Corbacho explica e pon en práctica nas instalacións de ADETO, que é onde se está a desenrolar o curso.

No curso, que ten un carácter práctico, explícanse tamén nocións teóricas, para axudar ós asistentes a entender e comprender a importancia do que ven os clientes antes de entrar nun establecemento.

En ADETO apóstase polas campañas promocionais, pero tamén pola formación dos profesionais que están á fronte dos seus negocios.


01/10/2013
ANTONIO FERNANDEZ EXPOSTO NO COMERCIO TOMIÑÉS

LÁMINAS EXPONDO O TRABALLO DE ANTONIO FERNANDEZ PODESE ATOPAR EXPOSTO NO COMERCIO DE TOMIÑO.

Os comercios asociados a ADETO expoñen o traballo deste Goianes, de recoñecido prestixio. Traballo que se esta a  recuperar e a valorizar.
www.antoniofernandezpintor.com é a páxina web dende onde se esta a dar un impulso a esta figura tomiñesa.

A obra exposta no comercio recollese no seguinte listado adxunto, listado que recolle en que comercio ou establecemento se atopa cada lámina.


17/07/2013
FEIRA DE OPORTUNIDADES E MOSTRA DE ARTESANIA O 3 E 4 DE AGOSTO

10/07/2013
Confecciones Isabel, o comercio asociado a ADETO mais lonxevo, vai a recibir o diploma conmemorativo da campaña “a semana do teu comercio” este xoves dia 11.
Confecciones Isabel, o comercio asociado a ADETO mais lonxevo, vai a recibir o diploma conmemorativo da campaña “a semana do teu comercio” este xoves dia 11. Será o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, quen presidirá a entrega do diploma conmemorativo ao establecemento “Confecciones Isabel” de Tomiño, distintivo co que se premia aos comercios máis lonxevos de cada centro comercial aberto de Galicia. A comitiva que entregará o premio esta formado entre outras personalidades polo o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, a Alcaldesa de Tomiño, Sandra Gonzalez, e o Presidente de ADETO, Manuel Perez Riveiro. Este premio de distinguir os comercios mais lonxevos de cada centro comercial aberto de Galicia enmárcase dentro da campaña “A semana do teu comercio: unha semana, un comercio, unha historia”, posta en marcha pola Consellería de Economía e Industria para realzar o papel das asociacións comerciais. A historia de cada un dos establecementos homenaxeados plasmase na reportaxe semanal sobre o mesmo e que se pode consultar a través do Portal do Comerciante (http://portaldocomerciante.xunta.es), a web que o Goberno galego dedica ao pequeno comercio. Na foto: Dona María Isabel Magán, antiga propietaria, xunto co seu fillo D. David Vila, actual propietario.

03/07/2013
A SEMANA DO TEU COMERCIO EN ADETO

04/07/2013
INSCRIPCIÓN SERÁN

22/06/2013
COLABORACIÓN DE ADETO NA CARREIRA SOLIDARIA DE AMORIN

19/03/2013
DIA DO PAI EN TOMIÑO CON ADETO

28/02/2013
MANUEL PEREZ RIVEIRO, NOVO VICEPRESIDENTE FPCP

19/07/2013
I Carreira Popular Tomiño 2013
I CARREIRA POPULAR DE TOMIÑO 2013" Sabado 3 de Agosto .

O sabado dia 3 de Agosto de 2013, a partir das 20:00 tivo lugar a "I Carreira Popular de Tomiño 2013"

Nesta carreira participaron por exemplo, entre outros moitos, Dona Susana Rodriguez Gacio do Wild Wolf Cidade de Lugo Fluvial e que é a actual campiona do mundo en Triatlon Paralímpico - foi toda unha honra que participase para nos nesta I Carreira Popular de Tomiño, xunta a ela, Aida Valiño Gomez, triatleta do Wild Wolf Cidade de Lugo Fluvial, medallista no último Cto de España de Dualón 2013 e triatlón 2012, entre outras.

Darvos a todos a grazas por a vosa participación, esperando que disfrutasedes do circuito!!

Darlle as grazas a Paco Santos, presentador da Radio Galega de recoñecido prestrixio, pola laboura de facer de presentador da carreira. 

Ao fotografo, Jesús Fotógrafo, polas fotos que subimos, e a outra moita xente, que sin a labor desinteresada destes non sería posible e a dos corredores, que sin eles, nada disto tendría sentido.

Xa podedes consultar a lista PROVISIONAL da carreria dos 6.000 mtrs, (en pdf mais abaixo) e tamén o resto de categorias.

Espero que disfrutasedes da carreira, do espiritu deportivo, do ambiente, e de Tomiño nesta I Carreria Popular de Tomiño, englobada dentro da I Festa das Asociacions de Tomiño e do comercio e hostelería tomiñesa.

Fotos de Jesús Fotografo : ver fotos 1 parte. ver fotos 2 parte
Email para solicitar fotos según tarifas de prezos de Jesús Fotografo para I Carreira Popular de Tomiño - indicar número de foto: jesús@jesusfotografo.com ou no teléfono: 986 622 583


Situación da Saida e Meta da Carreira (Praza da Mina - Tomiño)

Plano carreira 6.000 mtrs.

Plano Carreira (Infantil e Cadete) 2.700 mtrs.

Plano Carreira 900 mtrs

Plano Carreira 600 mtrs

Plano Carreira 300 mtrs

Plano Carreira 150 mtrs


08/05/2013
SORTEO DO DIA DA NAI EN ADETO 2013

01/04/2013
ADETO FIRMA UN CONVENIO CON AEGON

22/04/2013
DIA DA NAI EN ADETO

22/02/2013
Feira de Oportunidades días 23 e 24 de Febreiro
ADETO (Asociación de Autonónomos de Comercio, Hostelería e Indsutrias de Tomiño) organizou en colaboración de ARCO Baixo-Miño e o escultor  de inox Carlos Fierro a Feira de Oportunidades, Artesanía e Exposición de Arte, que terá lugar no Pavillón de Goián, os dias 23 e 24 de febreiro 2013, de 10:30 a 8:30 h.

ADETO organizou en ocasions anteriores feiras de oportunidades, pero a novidade para este ano 2013 e a conxugación do comercio de oportunidades, a elaboración artesanal e as exposicións de arte. É algo nunca visto na comarca, onde se contará con mais de 50 postos. O visitante podrá adquirir a prezo de oportunidade artigos dos comercios, tamén habrá elaboracións artenais "Made in Baixo Miño", contando cunha exposición artística a cargo de pintores e escultores da comarca.

Teremos inchables para os nenos, cantina e actuación especial do gaiterio venezolano Erick Feles, que ademais de presentar o seu primerio disco que estará a venda no seu stand, tamén actuará tocando a gaita e os seus "diyeridoos" de inox en directo os dous dias que dura a feira.

Animovos a que vos acerquedes a esta cita para disfrutar de unha oferta diferente neste fin de semana.

Nota de prensa en Faro de Vigo.

15/01/2013
Adeto finaliza co sorteo dos cheques regalo da campaña “Nadal Laranxa” a intensa actividade deste Nadal 2012 - 2013

A Asociación de Autónomos de Comercio, Hostelería e Industria de Tomiño, ADETO, fai o sorteo entre mais 50.000 papeletas que repartiron os Asociados de ADETO participantes nesta campaña.

Cando pasaban uns minutos das 11:30 deste luns día 14/01/2013 procedeuse a elexir os números gañadores da gran caixa que contiña todos os números que entraban neste sorteo, que neste ano pasaron das 50.000 papeletas. O sorteo levouse a cabo nas instalacións da Radio Municipal de Tui, onde en directo, no programa dirixido por Jose Font, foronse extraendo os números un a un decindo onde se entregaran.

Os gañadores teñense que pasar pola Oficina de ADETO, en horario de 10:00 a 14:00 de luns a venres, co seu número, onde tras a verificación por parte de ADETO entregaranselles a cada un dos gañadores os cheques regalos que podrán canxear en calquera dos establecementos participantes nesta campaña realizada por ADETO en beneficio dos seus asociados.

Ata a Radio Municipal de Tui desplazouse o Presidente de ADETO, D Manuel Pérez Riveiro quen fixo unha valoración positiva do éxito desta campaña, apostando por premiar os consumidores que fan as súas compras no municipio tomiñes. Esta campaña pertence a intensa actividade feita por ADETO nestes momentos tan dificiles para os comercios, para a hostelería e para os distintos negocios do municipios de Tomiño, que non escapa a tendencia xeral de todo o Baixo Miño, pero que sempre dende a asocación realizan campañas para animar os consumidores a seguir realizando as compras nos negocios deste municipio.

Os números gañadores son os seguintes:

    25 euros os números:

    • 26.952

    • 22.452

    • 17.190

    • 70.611

    50 euros os números:

    • 16.074

    • 31.432

    • 15.154

    • 6.011

    100 euros o número:

    • 9.186

    200 euros o número:

    • 24.665


01/01/2013
Gañadores do concurso de debuxos de ADETO

ADETO continúa ca súa campaña de nadal con actividades de dinamización para incentivar o comercio de Tomiño como é o sorteo de 600€ e o Concurso de Debuxos.

No concurso de debuxos, en colaboración cos CRA e os CEIP de Tomiño, o Xurado xa seleccionou os debuxos gañadores do concurso deste ano, sendo dous por categoría.

Os gañadores na categoría infantil son alumnos de Goian e Taborda nos que xa se empezan a notar as suas dotes para o debuxo.
Na categoría B, que son de primerio e segundo de Primaria, os gañadores son Xiana quen representou no centro do seu debuxo un gran arbol con Papa Noël e agasaios, rodeado de diferentes comercios tomiñeses. E nesta categoría tamén resultou gañador Xavier, que para o seu debuxo utiliza purpurina e outros elementos.
Na categoría C, 3 e 4 de primaria, Iria debuxa postos de comercio con un gran eslogan: “En Nadal merca no comercio tradicional” unha clara referencia a ilusión dos nenos para que os seus pais fagan as suas compras no comercio Tomiñes, Comerio que é o gran motor da economia tomiñesa.
Por outra banda, Nerea, tamén gañadora desta categoria, utiliza a tecnica do “collage” para facer o seu debuxo.
E xa na categoría D, 5 e 6 de primaria, Eva María fai un debuxo que utiliza unha técnica distinta a os dos demais, que fanna merecedora deste premio e Antía, presenta un debuxo no que se representa a Adeto, que é o organizador deste concurso, e un indicador con dirección Tomiño, en clara alusión a invitar a quen queira a visitar Tomiño e o seu comercio, cun claro mensaxe “As tuas compras de nadal fainas no comercio de Tomiño”

Os premios entregaranse o luns día 7.


26/12/2012
NADAL EN TOMIÑO CON ADETO 2012-13

ADETO inicia a súa campaña de nadal con actividades de dinamización para incentivar o comercio de Tomiño como é o sorteo de 600€, regalos de bicicletas e concurso de debuxos entre outras actividades.

A Asociación de Comerciantes de Tomiño pon en marcha a campaña "Nadal Laranxa" tras o éxito acadado en edicións anteriores. Unha campaña na que os consumidores do comercio Tomiñes que fagan as súas compras no comercio asociado recibirán unha papeleta cun número e podrán participar no sorteo de diferentes cheques-regalo por valores que van dende os 25€ ata os 200€, repartindose en total 600€. Esta é unha campaña que xa se iniciou e rematará o día 14 cun sorteo onde sabremos os gañadores deste nadal.

Ademais o comerio Tomiñes e de Goian abrirá os domingos 23 e 30 e os que acudan a facer as suas compras nestes dous días, entre o comercio tomiñes asociado e as cafeterías e bares participantes os invitarán a un café, nunha iniciativa para atraer aos tomiñeses que aínda non fixeron as súas compras a animalos a que o fagan no seu comercio e aqueles clientes do baixo miño que se pasen por Tomiño para facer as súas compras.

Tamén ponos en marcha un cartel para todos os asociados que así o queiran expor onde se indica o desconto que levarán os seus clientes por facer as súas compras en cada comercio, unha iniciativa para animar os clientes a facer as súas compras.

Todas estas iniciativas son a favor de desevolver o comercio, hostelería e industria de Tomiño, uns sectores que fan un esforzo por manter o texido empresarial e os postos de traballo que todos eles xeneran, polo cual e importante que os Tomiñeses fagan as súas compras no seu comercio, e tamén todos aqueles que nos visitan que consuman no comercio de Tomiño.


26/11/2012
Adeto en colaboración con Aula 21 inicia un curso de inglés

02/10/2012
Concurso: Buscase Nome.

Trala firma do acordo de colaboración entre o "Diario de Tomiño" e a Asociación de Comerciantes, Hostalaría e Industria de Tomiño, (ADETO), celebrarase un concurso no cal invitase a participar a todos os socios de dita asociación e o publico en xeral.

           O "Diario de Tomiño" ten previsto un cambio de imaxen tanto na edición en papel como en dixital. En papel pasará a ter un formato de revista posto que resulta mais cómodo e versatil e a web será renovada na súa totalidade. Os contidos de dita publicación tratarán en profundidade temas de toda a zona xeográfica do Baixo Miño, centrandose especialemente no municipio Tomiñés. Cabe destacar a sección "Tomiño Empresas", un espacio destinado a
difusión e promoción do comercio local e para iso elaboraranse unha serie de publireportaxes de todos aqueles establecementos que estén interesados en dar a coñecer o seu negocio e os seus servizos. Tratase de unha publicación creada por e para  pobo co fin de informar, comunicar e poñer a disposición da ciudadanía tomiñesa un medio de comunicación cercano para contar as súas propias historias e atopar as noticias que lle interesan.

Esta primeira edición saldrá a rúa sen nome co fin de implicar ao publico lector no seu proceso de difusión e o concurso ten por obxeto implicar ao pobo e que sexan eles mesmos quenes elixan o seu nome, logo ou diseño.

Para iso, as persoas interesadas poderán a través do correo info@adeto.org, facebook: mensaxe a Adeto.tomino ou papeleta depositada na urna que se pon a disposición de dito concurso na oficina de ADETORúa Gondomar, n40, Galerías Comerciais, local B, Seixo, Tomiño, deixar as súas propostas sobre o nome, logo ou diseño que consideren que deber ter a  nova revista. A elección do nome efectuarase mediante un xurado (que nomeará os tres finalistas de todos os nomes propostos) e votación popular (que votarán entre os tres finalistas o gañandor)

          O prazo para recibir as proposicións e ata o vernes día 16 de Outubro. E os mensaxes dederán conter: Nome e Apelidos, teléfono de contacto, Concello do domicilio do participante e nome, logo ou diseño proposto para o concurso.

          Participa!! haberá premios para o gañador!!


07/09/2012
Festas en Tomiño

12/07/2012
ADETO organiza a segunda Feira de Oportunidades e Exposicións de Tomiño os días 14 e 15 de Xullo.
 A asociación ADETO organiza a segunda Feira de Oportunidades e Exposicións de Tomiño que transcorrerá durante este fin de semana vindeiro, entre os días 14 e 15 de Xullo, en horario de 10.00 ás 22:00. na céntrica rúa de A Guarda, o lado do Edificio do Concello de Tomiño. En coloboración co Concello.

Esta será unha boa oportunidade para promocionar o comercio do concello de Tomiño e dando a coñecer os comercios e expositores aos clientes así como os turistas que nos visiten nesta fin de semana.

Nesta segunda Feira de Oportunidades, como ven sendo habitual teremos unha ampla representación de todoslos sectores comerciais, mostrando a diversidade do comercio de Tomiño, ademáis para os mais pequenos contaremos con hinchables, quenes podrán disfrutar de un fin de semana diferente.

Entre as actividades que se levarán a cabo durante a Feria de Oportunidades a Comparsa Estrelas da Noite, farán a festa gastronómica da Filloa, polo que trátase da perfecta ocasión para facer as compras e visitar este concello da comarca do Baixo Miño.


20/06/2012
COLABORACIÓN SOS TOMIÑO E ADETO
Neste proceso económico recesivo que estamos a vivir son cada vez máis as persoas que ven empeorar a súa calidade de vida, fundamentalmente, pola reducción dos recursos económicos individuáis, o cal tradúcese nunha disminución das vendas dos comerciantes e demáis empresarios. Por elo, a Asociación Asistencial SOS Tomiño, que ten por misión prestar axudas ás persoas ou familias necesitadas para que teñan cubertas as súas necesidades básicas de alimento, vestido, vivenda, entre outras, e a Asociación de comerciantes de Tomiño (ADETO) decidiron colaborar entre sí para axudar tanto as persoas con escasos recursos económicos que pertencen a SOS Tomiño coma aos comerciantes asociados de ADETO.
A partir deste mes de xuño, SOS Tomiño facilitará ao colectivo ao que axudan unhas tarxetas identificativas, as cales deberán ser presentadas xunto co seu DNI no  momento que realicen compras nos comercios colaboradores de Tomiño co fin de que estes lles apliquen un desconto en ditas compras. Ao mesmo tempo, os comercios colaboradores estarán identificados cunha pegatina (imaxe adxunta) nun lugar visible do propio establecemento. Desta maneira, os comerciantes tomiñeses ademáis de axudarlles na medida das súas posibilidades, poderán captar e fidelizar a este grupo de posibles clientes para os seus negocios.

23/05/2012
CHARLA INFORMATIVA PARTICIPACIÓNS PREFERENTES
Onte día 22 de maio ás 20:30h tivo lugar na Casa da Cultura do Concello de Tomiño unha charla informativa sobre as participacións preferentes, un tema de actualidade que desafortunadamente afecta a moitas persoas deste país.

Economistas e un avogado expertos no tema trataron aspectos da situación actual dos aforros das persoas afectadas. Na primeira parte da charla intentaron explicar conceptos teóricos (qué son as participacións preferentes, pódese perder ou non o capital invertido en PPR, qué rentabilidade ofrecen, qué gastos conleva a inversión en PPR, entre outros) e na segunda parte da charla asesoraron sobre as posibles medidas a tomar ante a dirección do banco e/ou organismos públicos de maneira individual.

Máis de cen persoas alí presentes puideron expoñer ante os expertos ás súas dúbidas e inquietudes sobre este tema.

07/05/2012
PREMIADOS SORTEO DÍA DA NAI 2012

04/04/2012
¡FELIZ DÍA DA NAI!

02/04/2012
BOLSA DE TRABALLO ADETO

07/03/2012
DÍA DO PAI

07/02/2012
FEIRA DE OPORTUNIDADES E EXPOSICIÓN DE TOMIÑO

  Iniciativa da Asociación de autónomos de comercio, hostelería e industria de Tomiño (ADETO) en colaboración co Concello de Tomiño, esta feira celebrarase os días 3 e 4 de marzo no Pavillón de Goián (Av. Pío Troncoso, s/n).

Todos os comercios locais que colaboran neste evento ofrecerán aos visitantes a posibilidade de atopar artículos de todo tipo (roupa, calzado, lencería, libros...) a prezos moi económicos. Ademáis, poderase pagar con billetes das antigas pesetas.

Tratase dunha perfecta ocasión para ir de compras dun xeito cómodo sen ter que pensar se vai chover ou non e, ao mesmo tempo, coñecer o municipio a través dos seus comercios. Haberá inchables para os nenos e máis sorpresas.

LEMBRA QUE TES UNHA CITA OS DÍAS 3 E 4 DE MARZO EN TOMIÑO 
DE 11:00 A 21:00H

NON TE PERDAS ESTA OPORTUNIDADE, A ENTRADA É GRATUITA!!!


01/02/2012
MERQUE EN TOMIÑO E PAGUE EN PESETAS!!!

28/01/2012
SORTEO 27/01/2012

07/01/2012
CAMPAÑA DE REBAIXAS

14/12/2011
CAMPAÑA-NADAL ADETO 2011-12

19/11/2011
CAMPAÑA- AS COMPRAS NA TÚA VILA TEÑEN PREMIO

29/09/2011
PABLO BAQUERO ASINOU UN CONVENIO DE COLABORACIÓN CON ADETO

12/08/2011
Feria de Oportunidades 20 y 21 de agosto

13/07/2010
1ª RUTA DO PINCHO DE TOMIÑO 2010

09/07/2010
NOITES DE VERÁN DE ADETO

23/06/2010
ACTIVIDADES DE VERÁN INFANTIS
A Asociación de Comerciantes e Industriais de Tomiño (ADETO) este ano ten un amplo calendario de actividades para o verán.
 
Todos os martes e xoves dos meses de xullo e agosto de 10:30 a 12:30 h. haberá actividades infantís (xogos e talleres) nas rúas de Tomiño, concretamente na Praza de Goián, Praza do Seixo, Praza da Mina e no Parque da Feira, irán rotando polas diferentes prazas.
En caso de choiva comunicar a todos os interesados que non se suspenderán se non que se realizarán no Pavillón de Goián (para as actividades na Praza de Goián) ou na Casa da Cultura (para as actividades nas prazas de Tomiño).
As actividades están dirixidas a tódolos nenos a partires de 3 anos e non é necesaria a inscrición, son gratuítos para todos os nenos que queiran asistir.
 
Tamén se realizarán actuacións de malabares, conta contos e maxia 3 venres entre os meses de xullo e agosto de 21:00 a 22:00 h.
 
Se engade un folleto informativo de todas as datas das actividades.
 
ADETO desexa que as actividades deste ano 2010 sexan do gusto de todos os nenos da zona, por iso animamos a que se acerquen a Tomiño para que os nenos gocen das súas vacacións estivais.

28/05/2010
DENDE A DIPUTACIÓN PLAN "A TÚA MEDIDA"

28/05/2010
VOTACIÓNS NOVA XUNTA DIRECTIVA
Este xoves día 27 de maio se fixeron as votacións para nova Xunta Directiva de Adeto. Nas votacións participaron 96 asociados dos 150 que constitúen a Asociación. O resultado das votacións, de entre as dúas candidaturas presentadas, foi de 72 votos para a candidatura presentada por Manuel Pérez Riveiro e de 24 votos para a candidatura presentada por Angel Cortiñas Torres.
 
 
A Xunta Directiva quedará formada da seguinte maneira:
 
  Presidente:             Manuel Pérez Riveiro
  Vicepresidenta:      Laura González González
  Secretario:               David Vila Magán
  Tesoureiro:             Enrique Gómez Rodríguez
  Vocal:                       Violeta González Álvarez
  Vocal:                       José Antonio Iglesias Barreiro
  Vocal:                       Juan Álvarez Diego
  Vocal:                       Fernando Martínez Fernández
  Vocal Suplente:     José Ramón Campos Otero
 
A actual Xunta Directiva quere agradecer a tódolos asociados a participación en estas primeiras votacións de ADETO, posto que ata agora nunca se presentara más de unha candidatura. O porcentaxe de participación foi dun 64%.

10/05/2010
PREMIOS DA CAMPAÑA DIA DA NAI 2010

22/04/2010
RENOVACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACION CON CAIXANOVA
ADETO e CAIXANOVA renovaron a día de hoxe, 22 de abril de 2010, o convenio de colaboración que veñen mantendo dende hai anos.
Caixanova, a través dos presupostos da súa Obra Social destinados ao apoio de sectores produtivos, poderá axudar a impulsar e desenrolar as iniciativas emprendidas por Adeto que, conforme ós seus fins, teñan por obxecto promover as actividades comerciais dos seus asociados, promocionar a venda dos seus produtos nos mercados e ós clientes ós que se dirixan, estimular o desenrolo das súas canles de distribución físicas e telemáticas, favorecer a introducción e utilización das novas tecnoloxías, mellorar a eficacia e a eficiencia na xestión, potenciar a posta en marcha de accións de marketing que incrementen a produtividade, fomentar a creación de emprego e facilitar a rehabilitación e reacondicionamento de establecementos comerciais.

16/04/2010
CAMPAÑA DIA DA NAI 2010

13/04/2010
FESTA DO KIWI 2010

12/04/2010
MOSTRA DE CULTIVOS 2010

30/03/2010
SEMINARIOS EN ABRIL DE 2010

17/03/2010
RECLAMACIÓN POR DEFICIENCIAS NO SUMINISTRO ELECTRICO

04/03/2010
FIRMA CONVENIO CON DO MIÑO PREVENCIÓN

01/03/2010
OUTLET EN TOMIÑO

02/02/2010
RESULTADOS SORTEO CAMPAÑA NADAL 09-10

23/12/2009
CAMPAÑA DE PROMOCIÓN DA HOSTALARÍA

15/12/2009
CAMPAÑA DE INVERNO 2009

20/09/2009
Éxito del catálogo de Adeto

16/02/2009
FERIA DE OPORTUNIDADES DE TOMIÑO

30/01/2009
Resultados sorteo campaña invierno adeto

19/12/2008
IMÁXENES NA RUA

19/12/2008
Campaña de inverno ADETO

14/11/2008
COMPRA DE PAPEL DE AGASALLO

01/10/2008
NOVA SEDE DE ADETO

ADETO
Novas
... A D E T O ...
Axudas/Subvencións
... A D E T O ...
Cursos/Formación
Curso internet para o negocio local 17 Xuño Curso de Prevencion de riscos internet 19 Xuño
A Consellería de Economía e Industria convoca Cursos de idiomas de nivel...
ADETO
ADETO
ASOCIACION DE AUTONOMOS DE COMERCIO, HOSTELERIA E INDUSTRIA DE TOMIÑO
info@adeto.org - Teléfonos: 986 09 89 02
Pechar