ADETO
Inicio | Bolsa de traballo | Aviso legal
22/02/2013
Feira de Oportunidades días 23 e 24 de Febreiro
ADETO (Asociación de Autonónomos de Comercio, Hostelería e Indsutrias de Tomiño) organizou en colaboración de ARCO Baixo-Miño e o escultor  de inox Carlos Fierro a Feira de Oportunidades, Artesanía e Exposición de Arte, que terá lugar no Pavillón de Goián, os dias 23 e 24 de febreiro 2013, de 10:30 a 8:30 h.

ADETO organizou en ocasions anteriores feiras de oportunidades, pero a novidade para este ano 2013 e a conxugación do comercio de oportunidades, a elaboración artesanal e as exposicións de arte. É algo nunca visto na comarca, onde se contará con mais de 50 postos. O visitante podrá adquirir a prezo de oportunidade artigos dos comercios, tamén habrá elaboracións artenais "Made in Baixo Miño", contando cunha exposición artística a cargo de pintores e escultores da comarca.

Teremos inchables para os nenos, cantina e actuación especial do gaiterio venezolano Erick Feles, que ademais de presentar o seu primerio disco que estará a venda no seu stand, tamén actuará tocando a gaita e os seus "diyeridoos" de inox en directo os dous dias que dura a feira.

Animovos a que vos acerquedes a esta cita para disfrutar de unha oferta diferente neste fin de semana.

Nota de prensa en Faro de Vigo.
Cartel_Feira_de_Oportunidades_ADETO_Febrero_2013
15/01/2013
Adeto finaliza co sorteo dos cheques regalo da campaña “Nadal Laranxa” a intensa actividade deste Nadal 2012 - 2013

A Asociación de Autónomos de Comercio, Hostelería e Industria de Tomiño, ADETO, fai o sorteo entre mais 50.000 papeletas que repartiron os Asociados de ADETO participantes nesta campaña.

Cando pasaban uns minutos das 11:30 deste luns día 14/01/2013 procedeuse a elexir os números gañadores da gran caixa que contiña todos os números que entraban neste sorteo, que neste ano pasaron das 50.000 papeletas. O sorteo levouse a cabo nas instalacións da Radio Municipal de Tui, onde en directo, no programa dirixido por Jose Font, foronse extraendo os números un a un decindo onde se entregaran.

Os gañadores teñense que pasar pola Oficina de ADETO, en horario de 10:00 a 14:00 de luns a venres, co seu número, onde tras a verificación por parte de ADETO entregaranselles a cada un dos gañadores os cheques regalos que podrán canxear en calquera dos establecementos participantes nesta campaña realizada por ADETO en beneficio dos seus asociados.

Ata a Radio Municipal de Tui desplazouse o Presidente de ADETO, D Manuel Pérez Riveiro quen fixo unha valoración positiva do éxito desta campaña, apostando por premiar os consumidores que fan as súas compras no municipio tomiñes. Esta campaña pertence a intensa actividade feita por ADETO nestes momentos tan dificiles para os comercios, para a hostelería e para os distintos negocios do municipios de Tomiño, que non escapa a tendencia xeral de todo o Baixo Miño, pero que sempre dende a asocación realizan campañas para animar os consumidores a seguir realizando as compras nos negocios deste municipio.

Os números gañadores son os seguintes:

    25 euros os números:

    • 26.952

    • 22.452

    • 17.190

    • 70.611

    50 euros os números:

    • 16.074

    • 31.432

    • 15.154

    • 6.011

    100 euros o número:

    • 9.186

    200 euros o número:

    • 24.665

01/01/2013
Gañadores do concurso de debuxos de ADETO

ADETO continúa ca súa campaña de nadal con actividades de dinamización para incentivar o comercio de Tomiño como é o sorteo de 600€ e o Concurso de Debuxos.

No concurso de debuxos, en colaboración cos CRA e os CEIP de Tomiño, o Xurado xa seleccionou os debuxos gañadores do concurso deste ano, sendo dous por categoría.

Os gañadores na categoría infantil son alumnos de Goian e Taborda nos que xa se empezan a notar as suas dotes para o debuxo.
Na categoría B, que son de primerio e segundo de Primaria, os gañadores son Xiana quen representou no centro do seu debuxo un gran arbol con Papa Noël e agasaios, rodeado de diferentes comercios tomiñeses. E nesta categoría tamén resultou gañador Xavier, que para o seu debuxo utiliza purpurina e outros elementos.
Na categoría C, 3 e 4 de primaria, Iria debuxa postos de comercio con un gran eslogan: “En Nadal merca no comercio tradicional” unha clara referencia a ilusión dos nenos para que os seus pais fagan as suas compras no comercio Tomiñes, Comerio que é o gran motor da economia tomiñesa.
Por outra banda, Nerea, tamén gañadora desta categoria, utiliza a tecnica do “collage” para facer o seu debuxo.
E xa na categoría D, 5 e 6 de primaria, Eva María fai un debuxo que utiliza unha técnica distinta a os dos demais, que fanna merecedora deste premio e Antía, presenta un debuxo no que se representa a Adeto, que é o organizador deste concurso, e un indicador con dirección Tomiño, en clara alusión a invitar a quen queira a visitar Tomiño e o seu comercio, cun claro mensaxe “As tuas compras de nadal fainas no comercio de Tomiño”

Os premios entregaranse o luns día 7.

26/12/2012
NADAL EN TOMIÑO CON ADETO 2012-13

ADETO inicia a súa campaña de nadal con actividades de dinamización para incentivar o comercio de Tomiño como é o sorteo de 600€, regalos de bicicletas e concurso de debuxos entre outras actividades.

A Asociación de Comerciantes de Tomiño pon en marcha a campaña "Nadal Laranxa" tras o éxito acadado en edicións anteriores. Unha campaña na que os consumidores do comercio Tomiñes que fagan as súas compras no comercio asociado recibirán unha papeleta cun número e podrán participar no sorteo de diferentes cheques-regalo por valores que van dende os 25€ ata os 200€, repartindose en total 600€. Esta é unha campaña que xa se iniciou e rematará o día 14 cun sorteo onde sabremos os gañadores deste nadal.

Ademais o comerio Tomiñes e de Goian abrirá os domingos 23 e 30 e os que acudan a facer as suas compras nestes dous días, entre o comercio tomiñes asociado e as cafeterías e bares participantes os invitarán a un café, nunha iniciativa para atraer aos tomiñeses que aínda non fixeron as súas compras a animalos a que o fagan no seu comercio e aqueles clientes do baixo miño que se pasen por Tomiño para facer as súas compras.

Tamén ponos en marcha un cartel para todos os asociados que así o queiran expor onde se indica o desconto que levarán os seus clientes por facer as súas compras en cada comercio, unha iniciativa para animar os clientes a facer as súas compras.

Todas estas iniciativas son a favor de desevolver o comercio, hostelería e industria de Tomiño, uns sectores que fan un esforzo por manter o texido empresarial e os postos de traballo que todos eles xeneran, polo cual e importante que os Tomiñeses fagan as súas compras no seu comercio, e tamén todos aqueles que nos visitan que consuman no comercio de Tomiño.

26/11/2012
Adeto en colaboración con Aula 21 inicia un curso de inglés

ADETO, A Asociación de empresarios de Tomiño aposta pola formación dos seus socios e dos seus empregados, e para iso, en colaboración con AULA 21 estase a impartir un curso de inglés, que son os martes e os xoves de 21.00 a 22.30 nas instalacións de ADETO, na Rúa Gondomar, n40, nas galerías comerciais.

Este curso ainda esta aberto para aqueles socios e traballadores que se queiran apuntar, e tan so é necesario presentarse nas instalacións de ADETO na hora do curso. Os non socios que queiran participar tamén o poden facer.

Dende Adeto tamén xa se están preparando as diferentes actividades para a campaña de Nadal, unha campaña na que o comercio local ten depositadas importantes expectativas.

02/10/2012
Concurso: Buscase Nome.

Trala firma do acordo de colaboración entre o "Diario de Tomiño" e a Asociación de Comerciantes, Hostalaría e Industria de Tomiño, (ADETO), celebrarase un concurso no cal invitase a participar a todos os socios de dita asociación e o publico en xeral.

           O "Diario de Tomiño" ten previsto un cambio de imaxen tanto na edición en papel como en dixital. En papel pasará a ter un formato de revista posto que resulta mais cómodo e versatil e a web será renovada na súa totalidade. Os contidos de dita publicación tratarán en profundidade temas de toda a zona xeográfica do Baixo Miño, centrandose especialemente no municipio Tomiñés. Cabe destacar a sección "Tomiño Empresas", un espacio destinado a
difusión e promoción do comercio local e para iso elaboraranse unha serie de publireportaxes de todos aqueles establecementos que estén interesados en dar a coñecer o seu negocio e os seus servizos. Tratase de unha publicación creada por e para  pobo co fin de informar, comunicar e poñer a disposición da ciudadanía tomiñesa un medio de comunicación cercano para contar as súas propias historias e atopar as noticias que lle interesan.

Esta primeira edición saldrá a rúa sen nome co fin de implicar ao publico lector no seu proceso de difusión e o concurso ten por obxeto implicar ao pobo e que sexan eles mesmos quenes elixan o seu nome, logo ou diseño.

Para iso, as persoas interesadas poderán a través do correo info@adeto.org, facebook: mensaxe a Adeto.tomino ou papeleta depositada na urna que se pon a disposición de dito concurso na oficina de ADETORúa Gondomar, n40, Galerías Comerciais, local B, Seixo, Tomiño, deixar as súas propostas sobre o nome, logo ou diseño que consideren que deber ter a  nova revista. A elección do nome efectuarase mediante un xurado (que nomeará os tres finalistas de todos os nomes propostos) e votación popular (que votarán entre os tres finalistas o gañandor)

          O prazo para recibir as proposicións e ata o vernes día 16 de Outubro. E os mensaxes dederán conter: Nome e Apelidos, teléfono de contacto, Concello do domicilio do participante e nome, logo ou diseño proposto para o concurso.

          Participa!! haberá premios para o gañador!!

07/09/2012
Festas en Tomiño
Dende ADETO recordamovos que estamos coas festas de Santa María de Tebra dende o día 6 ao 8 (de septembro 2012), e tamén son as festas grandes de Tomiño, dende o día 7 ao 10, festas da Nosa Señora do Alivio, polo que son moitos os actos organizados por diferentes entidades, organismos e asociacións, así que esperamoste por estas terras para disfrutar con nós destos días!! non podedes faltar e disfrutar do noso Comercio, Hostelería e Industria!!!

páxina   1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17   18   19   20   21   22   23 
... A D E T O ...
Axudas/Subvencións
... A D E T O ...
Cursos/Formación
Curso internet para o negocio local 17 Xuño Curso de Prevencion de riscos internet 19 Xuño
A Consellería de Economía e Industria convoca Cursos de idiomas de nivel...
ADETO
ADETO
ASOCIACION DE AUTONOMOS DE COMERCIO, HOSTELERIA E INDUSTRIA DE TOMIÑO
info@adeto.org - Teléfonos: 986 09 89 02
Pechar