ADETO
Inicio | Bolsa de traballo | Aviso legal
19/11/2011
CAMPAÑA- AS COMPRAS NA TÚA VILA TEÑEN PREMIO

A Federación Galega de Comercio, a Federación de Comercio de Pontevedra e a Asociación de Comerciantes de Tomiño (ADETO), celebraron o pasado 18 de novembro o acto final da campaña de dinamización do consumo das vilas galegas, que baixo o lema "As compras na túa vila teñen premio", tivo lugar en Tomiño entre o 7 e o 18 de novembro.

Comerciantes e consumidores de Tomiño acolleron a iniciativa con grande entusiasmo. Recolléronse na urna habilitada para o sorteo (3.000 euros en tarxetas regalo) máis de 20.000 boletos, o que significou un grande éxito de vendas e participación.

29/09/2011
PABLO BAQUERO ASINOU UN CONVENIO DE COLABORACIÓN CON ADETO
A Deputación de Pontevedra concedeu 22 becas de colaboración a titulados universitarios para que presten a súa asistencia en diversas asociacións de comerciantes existentes na provincia.

O deputado Pablo Vaquero, en representación do Presidente Rafael Louzán, asinou un convenio de colaboración con ADETO que preside Manuel Pérez Riveiro .  O acto tivo lugar na oficina da Asociación o pasado 28 de setembro.Trátase dunha subvención para introducir novas canles de apoio ao asociacionismo comercial e profesionalizar a labor das persoas que traballan nas asociacións.
12/08/2011
Feria de Oportunidades 20 y 21 de agosto

El próximo 20 y 21 de agosto se realizará la feria de oportunidades y exposiciones en Tomiño. Tendrá lugar en la c/ A Guarda de 10:00 a 22:00 horas.

Habrá actuaciones el sábado y domingo por la tarde-noche.

¡Y también hinchables para los niños!

Entrada gratuita.

13/07/2010
1ª RUTA DO PINCHO DE TOMIÑO 2010
A Asociación de empresarios e comerciantes de Tomiño, ADETO ten o pracer de comunicar que este venres día 16 de xullo terá lugar a inauguración da 1ª Ruta do Pincho de Tomiño.
 
O evento terá lugar na Praza da Mina as 21:00 h.
 
A Ruta do Pincho de Tomiño comezará o venres día 16 de xullo e durará ata o 16 de agosto, o horario será de venres a sábados de 11 ás 14 h. e de 19 a 22 h. e os domingos de 11 a 14 h.
 
Participarán 14 establecementos asociados a ADETO.
 
Os ruteiros que rematen toda a ruta do pincho, pasando por todos os establecementos participantes, entrarán no sorteo de diversos regalos como : viaxe as Bodegas de Carraminbre, vales de consumición para os locais participantes, regalos promocionais,...
09/07/2010
NOITES DE VERÁN DE ADETO
A Concellería de Cultura, Educación e Participación Veciñal xunto coa Asociación de Comerciantes e Industriais de Tomiño, ADETO teñen o pracer de presentar hoxe a primera das actuacións que se farán durante os mes de xullo e agosto de 2010 nas prazas do concello (Praza do Seixo, Praza da Mina e Praza de Goian).
 
Hoxe as 22:30 actuará o Grupo de Danza Miriam Pino na Praza do Seixo.

Dende Adeto desexamos que a xente se anime a saír a rúa para entreterse coas diferentes actuacións programadas para xullo e agosto  
 
Animádevos e pasádevos por Tomiño.
23/06/2010
ACTIVIDADES DE VERÁN INFANTIS
A Asociación de Comerciantes e Industriais de Tomiño (ADETO) este ano ten un amplo calendario de actividades para o verán.
 
Todos os martes e xoves dos meses de xullo e agosto de 10:30 a 12:30 h. haberá actividades infantís (xogos e talleres) nas rúas de Tomiño, concretamente na Praza de Goián, Praza do Seixo, Praza da Mina e no Parque da Feira, irán rotando polas diferentes prazas.
En caso de choiva comunicar a todos os interesados que non se suspenderán se non que se realizarán no Pavillón de Goián (para as actividades na Praza de Goián) ou na Casa da Cultura (para as actividades nas prazas de Tomiño).
As actividades están dirixidas a tódolos nenos a partires de 3 anos e non é necesaria a inscrición, son gratuítos para todos os nenos que queiran asistir.
 
Tamén se realizarán actuacións de malabares, conta contos e maxia 3 venres entre os meses de xullo e agosto de 21:00 a 22:00 h.
 
Se engade un folleto informativo de todas as datas das actividades.
 
ADETO desexa que as actividades deste ano 2010 sexan do gusto de todos os nenos da zona, por iso animamos a que se acerquen a Tomiño para que os nenos gocen das súas vacacións estivais.
28/05/2010
DENDE A DIPUTACIÓN PLAN "A TÚA MEDIDA"

Dende a Diputación de Pontevedra ofrecen o Plan "A túa medida" para mellorar o atractivo dos comercios da provincia. 
De xeito gratuito se lle ofrecerá aos comerciantes un asesoramento en Visual Merchandising personalizado e no seu propio comercio para que aprendan a presentar os produtos de xeito que resulten máis atractivos aos clientes.
As prazas serán limitadas, para acceder o plan se ten que presentar unha inscrición antes do 30 de xuño de 2010.

Adxuntamos as bases publicadas no BOP, diptico e Solicitude. 

bop
DIPTICO
SOLICITUDE

páxina   1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17   18   19   20   21   22 
... A D E T O ...
Axudas/Subvencións
... A D E T O ...
Cursos/Formación
Curso internet para o negocio local 17 Xuño Curso de Prevencion de riscos internet 19 Xuño
A Consellería de Economía e Industria convoca Cursos de idiomas de nivel...
ADETO
ADETO
ASOCIACION DE AUTONOMOS DE COMERCIO, HOSTELERIA E INDUSTRIA DE TOMIÑO
info@adeto.org - Teléfonos: 986 09 89 02
Pechar